A nosa provincia conta cunhas 1.300 PEMES, é dicir empresas de entre 10 e 200 asalariados que, debido a crise que estamos a sufrir, e da que ninguén sale desapercibido, enfróntanse a situacións ata o de agora descoñecidas que precisan de decisións urxentes que aseguren a súa supervivencia, e de proxectos innovadores.
Por iso, a Deputación vén de presentar un pioneiro programa anti-crise para as pequenas e medianas empresas da zona centro da provincia, para o que contamos coa colaboración do Concello de Lugo. Trátase de Lugo Compite+ , un proxecto sufragado o 100% polo organismo provincial supoñendo un custe cero para as entidades participantes, que nace co obxectivo de logar entidades máis competitivas.
Deste xeito, a iniciativa ofrece ás PEMES 250 horas de asesoramento empresarial práctico, individual, e adapatado a cada empresa. Expertos económicos coñecerán in situ, na propia empresa, as oportunidades das participantes fronte ós seus competidores para, primeiro, asegurar a súa permanencia e, logo, consolidar as melloras e potenciar un crecemento sostible.
Pero xa non só é un programa totalmente gratuíto para as PEMES, senón que ademais aforrámoslles cartos xa que a contratación desta consultoría suporía un investimento por empresa de entre 4.500-6.000 euros segundo os prezos reais no mercado de hoxe. Con Lugo Compite+ afianzaremos empresas e postos de traballo, ó igual que fixemos xa na Mariña e na Ribeira Sacra onde preto de 50 entidades aproveitaron os programas da Deputación destinados á difícil sucesión nas empresas familiares.
A pesares de que as principais competencias nesta materia corresponden ó IGAPE da Xunta de Galicia, a Deputación comprométese voluntariamente co sector das PEMES. Este proxecto fai palpable o noso compromiso co tecido empresarial da provincia, e engádese a outras medidas máis globais como a redacción do primeiro Plan Estratéxico da Provincia de Lugo, os centros de recría para as razas frisona e rubia, a transformación do medio ambiente na nosa oportunidade económica –co Km0, ou a certificación medioambiental das praias da Mariña etc; a chegada da administración electrónica á provincia que fará realidade o Innova-TE; ou as subvención para os autónomos nas que levamos investidos 1.400.000 euros, e nas que os Orzamento para 2010 se contemplan outros 700.000.


















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



