Viveiro 22-2-19. Co motivo do 30 aniversario do nacemento do pintor viveirense e Simbolista, Manuel Bujados (Viveiro 1889-Belle Ville, Córdoba Arxentina 1954) Lage-Seara expón una colección no Centro Regal Xunqueira.
O artista é un dos máis grandes ilustradores de principios do século XX, o Gustav Klimt ou Beardsley, español que debuxaba para Edgar Allan Poe ou Oscar Wilde, pintor, úsico e poeta. Foi o precursor do prerrafaelismo inglés e o Art Decó.
Na súa época colleitou éxito profesional, además de aportar innovación e calidade.
É unha aposta clara pola divulgación do seu legado artístico, vencellado a un mundo máxico, fantástico, místico, fúnebre, melancólico…Na arte é moi recoñecido, quizais xunto a Maruja Mallo, os máis internacionais.
Membro dunha familia de comerciantes de orixe valenciano con intereses económicos, na Arxentina. A fortuna herdada polo seu irmán, que apostou pola súa valía, permitiulle estudar Enxenería industrial ou viaxar polas principais capitais de Europa e América.
Tío dos fillos do rockefeller galego, Antón Fdz. Descuberto por José Francés, fixo portadas de libros para Concha Espina, para revistas como Nuevo Mundo, ou deseños de roupa hoxe exhibidos en Venecia.Veremos algúns dos traballos para a prestixiosa “La Esfera”, unha revista de luxo, 1914-1931 a cor e con bos acabados. Considerouse a mellor da época a nivel mundial, cun prezo de 50 cts, 10 veces u xornal. na que colaboraron Emilia Pardo-Bazán, Unamuno, Jacinto Benavente, José Francés, Kaulak, Pérez de Ayala, Wenceslao Fernández-Flórez, Juan Ramón Jiménez, Manuel Machado,
Blasco Ibáñez, Valle Inclán…
A mellor forma de estudalo, velo e vivilo, de facerlle un homenaxe, un guiño real
a súa figura, e que persita no tempo un persoeiro tan importante para o Arte Nacional.
A día de hoxe, teñen no seu depósito obras del institución públicas coma a Deputación de Lugo, Xunta, privadas coma Abanca ou particulares.
Regalxunqueira, quere agradecer a colaboración especial de Antonio Lage Seara, por prestarnos unha parte do material expositivo e as irmans Blasco, a Ana por facilitarnos o inventario total da obra e compartir con nos moitas anécdotas a nivel familiar. A Berga Blasco, por deixarnos a tesina de final de carreira que fixo sobre o seu tioavó.
Tamén queremos agradecer ós anticuarios de Madrid e Barcelona, por axudarnos a conseguir os libros ilustrados por Manuel Bujados, e os 3 gravados dunha edición limitada de 100 exemplares, que aquí expoñemos.
E por último agradecerlle a Alicia Muñiz, becaria en Regalxunqueira, que configurou, escaneou e montou toda a estructura desta exposición.
Regalxunqueira, con esta nova homenaxe a este pintor nacido en Viveiro, quere configurar o continuo agradecemento e recordó, a artistas desconocidos ou esquecidos, como sucedeu con Mauja Mallo, Carlos Oroza e agora Manuel Bujados




















"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



