Santiago de Compostela, 22 de febreiro, 2019. A deputada e portavoz de pesca do BNG, Montse Prado, tras acusar ao goberno de “desleixo” por non presentar emendas aos fondos europeos para a pesca co fin de implementar medidas para mellorar as condicións do sector, reclamou ao goberno galego que “faga presión”, para que as propostas nacionalistas do BNG prosperen na última fase das negociacións do fondos.
Prado afirmou que o Goberno galego “non fixo ben os deberes” nin negociou con criterios para mellorar os TACs e límites de cotas para a nosa pesca. Na súa intervención, explicou que non é posible o relevo xeracional e manter a competitividade cando as normas da Unión europea o están a impedir e “939 unidades menos de artes menores nos últimos anos, é un claro exemplo”.
A deputada acusou ao Partido popular de non “defender medidas para mellorar as condicións da pesca artesanal” e volveu reclamar ao goberno que medie ante a Comisión de Pesca europea para incluír no Regulamento dos Fondos Europeos do Mar e da Pesca, FEMP as emendas do BNG destinadas a: “Manter as contías dos fondos existentes, porque a redución do volume orzamentario nunha nación pesqueira como Galiza tería un gran impacto negativo, priorizar o aspecto social, económico e medio ambiental e definir a pesca costeira artesanal no uso de artes sustentábeis, na distancia á costa, no produto fresco, e na propiedade de embarcacións de tipo familiar e non nos 12 metros máximos da embarcación”.
A parlamentaria manifestou que o Partido popular segue na senda de defender a acuicultura intensiva a pesar da grande importancia do marisqueo a pe e a miticultura. É necesario, dixo, aprobar medidas de apoio ás paradas da flota pesqueira por motivos de tipo climático, accidentes, consecuencias derivadas de acordos pesqueiro ou paradas técnicas. Ademais, tamén reclamou “a exclusión de TASc e cotas para a pesca e flota artesanal”.
Pola súa parte, o portavoz popular, Pazos Couñago, anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista por considerar que o Partido popular negociou correctamente os fondos e o PP non vai defender as propostas do BNG ao que a deputada replicou que o goberno galego, “non tomou nin toma en serio a nosa pesca artesanal” a pesar de representar o 15% de capturas no ámbito comunitario e contar cun gran potencial de futuro para a economía galega. Desgraciadamente para nós, recalcou, as decisións políticas sobre a nosa pesca non se toman en Galiza, decídense no Estado español e na Unión Europea. Cando se aproban os criterios nas negociacións, “o goberno galego está ausente” e advertiu que aínda estamos a tempo para incluír as emendas do BNG ao regulamento dos Fondos europeos.




















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



