Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2019-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Riotorto nunha actuación para poñer en valor e fomentar o uso das instalacións deportivas do municipio. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ángeles Vázquez, quen hoxe asinou un convenio co rexedor, Clemente Iglesias, segundo o cal a Xunta aportará un 70% do custo estimado da obra -é dicir, 35.617 euros- e o 30% restante -15.264,73 euros- correrá a cargo do propio concello.
O obxecto do convenio é dotar ás pistas de padel dunha cuberta lixeira e dun peche perimetral para conseguir un aproveitamento máis efectivo por parte dos veciños e dos usuarios nos días que a meteoroloxía non acompaña.
O lugar onde se ubica a pista é unha parcela de 3.000 metros cadrados, situada entre as estradas EP-5501 e a LU-124, na marxe norte do cauce denominado Rego de Machin.
Así para mellorar o seu uso, ao tempo que se establecen medidas que propicien o bo estado das pistas, proxéctase cubrir e facer o peche perimetral das mesmas nunha superficie total de 22,5×14 metros.
A conselleira de Medio Ambiente indicoulle ao alcalde de Riotorto que coa sinatura do convenio xa é posible a licitación das obras, para as que se prevé un prazo de execución dun mes, ao que engadiu que, sendo rigoroso cos prazos, esta actuación poderá ser unha realidade este mesmo ano.
Recordou que esta actuación enmárcase dentro do chamado Plan hUrbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo actuacións coma a comprometida hoxe co alcalde de Riotorto, que contribúen a crear ou humanizar espazos de uso común e a garantir o acceso dos veciños a infraestruturas públicas e servizos.
De feito, grazas a este programa son xa 200 as intervencións executadas nun total de 125 concellos, o que significa que no período 2010-2018 a Xunta actuou case no 40% dos municipios de Galicia.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



