Santiago, 7 de marzo de 2019.- O voceiro de En Marea, Luís Villares, esixiu este xoves ao Goberno de Pedro Sánchez que dote dun novo xulgado do social a Lugo e corrixa inmediatamente a discriminación que está a cometer. “A situación que estamos vivindo co xulgado do social de Lugo non pode ser máis esperpéntica. O Goberno de España decidiu deliberadamente non dotar a Lugo cun cuarto xulgado do social, discriminando e prexudicando a todas as traballadoras e traballadores da provincia de Lugo”, denunciou Villares, quen engadiu que “cando se viu descuberto, dixo que era un erro e que si estaba feita a petición, pero non a incluíron, polo tanto queda clara a decisión política que adoptaron”.
Para Villares, esta discriminación debe ser corrixida inmediatamente, e o Executivo ten a oportunidade de facelo antes das vindeiras eleccións xerais. “O PSOE, con Pedro Sánchez á cabeza, está utilizando todos os venres ata as eleccións para sacar adiante medidas que non foi quen de sacar durante a lexislatura por falta de diálogo parlamentario. Pois ben, dentro deste conxunto de medidas, ten que estar incluída inexcusablemente a dotación do cuarto xulgado do social para esta cidade e para esta provincia” reclamou o voceiro de En Marea.
“No caso de non facelo, nós entenderemos que o PSOE incorre no mesmo tipo de tratamento discriminatorio que o PP facía co interior de Galicia, deixando sempre discriminadas a Lugo e Ourense, e levando todos os servizos exclusivamente para o eixo atlántico”, continuou o voceiro de En Marea, lembrando que a Vigo e Santiago si lles foi concedida unha nova sala do social. “Lugo non merece ser discriminada por esta decisión do PSOE, e polo tanto esiximos que rectifique inmediatamente, e tamén o faremos polas vías regulamentarias”, concluíu.




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



