07 de marzo, 2019. O presidente da xestora do PP de Viveiro, Jaime de Olano, recorda que “a Xunta de Galicia ten anunciado na última semana o investimento de preto de 2 millóns de euros no noso municipio”.
O popular sinala a mobilización de preto de 1,2 millóns de euros en partidas orzamentarias desta anualidade dirixidas a mellorar os portos de Viveiro e Celeiro. Este investimento dirixirase á realización de obras de dragado do porto de Celeiro e do canal de acceso a Viveiro e no interior da dársena das instalacións náutico deportivas; así coma á segunda fase da demolición dos galpóns e acondicionamento da explanada portuaria viveirense. As obras que pretenden mellorar a operatividade nestes espazos foron licitadas este mércores. Unha vez adxudicadas, o prazo de execución das mesmas será de sete meses.
Por outra banda, Olano pon tamén en valor as achegas do Goberno galego para a mellora da estrada LU-161, que conecta Landrove (Viveiro) con Ferreira do Valadouro. Neste caso o investimento será de máis de 430.000 euros e a obra proxectada afectará nun 90% ao termo municipal viveirense.
Ademais, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que achegará 175.000 euros para financiar a obra de acondicionamento do antigo colexio de Celeiro para acoller a Escola Oficial de Idiomas.
Deste xeito, “tódolos viveirenses se verán beneficiados este ano, segundo as previsións da Xunta, destas melloras que impulsa o Goberno galego”.






















O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



