Lugo, 7 de marzo de 2019.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Lugo no acto Mulleres que inspiran, organizado pola asociación Aje-Lugo, para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra mañá. Na súa intervención destacou que o camiño cara á igualdade real e efectiva precisa da implicación de toda a sociedade. Puxo en valor os avances acadados no emprego feminino, aínda que precisou que aínda queda moito camiño por diante que é preciso percorrer “todas e todos xuntos”. Así, apelou á implicación de todos os axentes sociais para que o mundo laboral sexa un reflexo de igualdade e equidade.
O acto xirou en torno á intervención de catro mulleres emprendedoras que, segundo afirmou o conselleiro, representan ás 12.000 que na actualidade ocupan en Galicia postos de dirección ou xerencia nalgunha empresa. En palabras de Conde, tamén representan a valentía, a iniciativa, a responsabilidade e o afán de superación das 482.302 mulleres galegas que están afiliadas neste momento á Seguridade Social e que supoñen case a metade do total.
Case un terzo do emprego xerado no último ano concéntrase en postos técnicos e de alta cualificación, o que, segundo subliñou, pon de manifesto que as novas tecnoloxías están abrindo novas oportunidades laborais e están a ser un campo de enormes posibilidades para o emprendemento. Con respecto a este último aspecto, o autoemprego é unha das principais fontes de xeración de emprego: o pasado ano creáronse na provincia de Lugo 429 empresas, un 11,7% máis que en 2017.
Para rematar, o conselleiro insistiu en que aínda queda moito camiño para acadar a plena igualdade, polo que apelou á implicación de todos os axentes sociais e económicos e das administracións para seguir traballando da man e, xuntos, conseguir este reto social.




















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



