Burela 12-3-19. A situación do Alcaldable a Burela polo PP e realmente complicada xa que, si algo queda claro, é que foi xuiz de paz dende 2014 ata o 2019, tal e como recoñece el mesmo e que incumpriu a sabendas a lei repetidamente.
As probas que demostran que incumpriu a normativa que regula aos Xuices de paz dende o 2014 son fáciles de atopar e non deixan lugar a dúbidas. Non soamente o salpican a él senon tamén aos membros do PP de Lugo que o impuxeron como presidente en Burela e como alcaldable por Burela. Falo lóxicamente dos señores Barcia, Balseiro e da señora Elena Candia.
O señor Manuel Rouco, sendo Xuíz de paz foi contratado pola Señora Elena Candia como asesor de nivel III cando esta foi presidenta da Deputación de Lugo, contraviñendo a normativa que impide aos xuices ter empregos retribuídos pola administración do estado en todos os seus niveles. Esta irregularidade foi cometida polo señor Manuel Rouco e a señora Elena Candia entre o 11 de agosto de 2015 e o 8 de outubro de 2015, momento no que perderon a Deputacion de Lugo. Fácil de demostrar xa que aparece publicado no BOP de Lugo.
Queda tamén demostrado que en esa época o señor Manuel Rouco López era afiliado do PP, e que na agrupación do PP de Burela tiñan coñecemento de que esto era ilegal, tal e como publicaba o Señor Barcia en maio de 2016 cando dixo textualmente sobre o socialista Don Pedro Chao “A lei di que os xuices de paz non poden pertencer a ningún partido político ou sindicato”. Pois ben , o Señor Rouco non soamente foi afiliado nesa época senon que tamén foi candidato a compromisario pola mesa do PP de Burela en 2016 xunto a outras persoas como por exemplo Maria del Mar Fraga Fernández ,presidenta de Bumei. Entendo que a irregularidade foi cometida non soamente polo señor Rouco senon tamén polo señor Barcia presidente da agrupación do PP de Burela coñecedor da lei e que decidiu intencionadamente incumprila.
Tamén queda demostrado que cando o señor Barcia, a señora Candia, o señor Balseiro ,o señor Vega e o señor Armesto Quiroga deron o “golpe de estado” na agrupación do PP de Burela impoñendo ao señor Rouco López como presidente da Xestora de Burela eran coñecedores de todas esta irregularidades e polo tanto son tan responsables como o señor Rouco.
Queda no aire a posibilidade de que o señor Manuel Rouco López realizara a maiores traballos remunerados para empresas pertencentes a Administración como pode ser Seaga cando o tiña prohibido por lei, ou si realizou neste tempo algunha actividade mercantil por si o por outro, tamén prohibido. Porque, si tal e como di o señor Rouco el non cobraba un peso por ser Xuíz de paz, de algo viviría non?
Pero non acaba aquí a cousa, o señor Rouco non soamente incumpreu a normativa a sabendas senon que encima quere dar imaxe de responsabilidade e honradez aos veciños de Burela en Xeral e aos do PP en particular decindo que solicitou a baixa de Xuíz de Paz agora no 2019, cando leva dende o 2014 incumprindo a lei a sabendas.
Si hai algo peor que engañar a sabendas aos teus veciños é tomalos por imbéciles, parece ser que o Señor Rouco toma por parvos aos veciños de Burela. Parafraseando a un dos seus “mecenas” no PP e fora do PP ….. “Tontos somos pero dos coches sabemos apartarnos”.
Jose Luis Moñita
Coordinador Comarcal de CxG na Mariña






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



