O vindeiro xoves, o BNG organizará na Eurocámara unha xornada sobre a “Execución dos fondos europeos para o saneamento de auga en Galiza”. Eu Seve Salgueiro, participarei nestas xornadas en Bruxelas representando ao BNG de Viveiro, amosando a nosa preocupación polo perigo de perda dos 2,7 millóns destinados ao saneamento de Viveiro, procedentes dos Fondos FEDER Galicia 2014-2020 debido á súa falta de execución en prazo; e denunciado os reiterados verquidos na nosa ría incumprindo a normativa europea sobre augas residuais.
O incumprimento no noso Concello dos obxetivos da Directiva Marco da Auga a das Directivas europeas sobre tratamento de augas resuduais urbanas, levou a UE a denunciar ao estado Español ante o Tribunal de Xustiza en 2010. Isto motivou que o goberno de Feijoo anunciara unha inversión de 5 millóns de euros para a mellora do saneamento en Viveiro, reducidos sen vergoña nen explicacións a 3 millóns en setembro de 2016. Daquela, Xunta e Concello asinan o convenio “Mellora dos sistemas de saneamento e depuración da Ría de Viveiro”, que se prevía executar en tres anos. A actuación estaría cofinanciada nun 80% pola UE dentro do “Programa FEDER Galicia 2014-2020”, fondos que hoxe están en perigo de perderse.
O convenio indica que o Concello ten que dispoñer dos terreos e permisos necesarios para a execución, e o goberno municipal foi incapaz de logralo 2 anos e medio despois: falta de entendemento con Augas de Galiza, trabas de Costas do Estado… foron as razóns expostas polo goberno municipal. Motivos que amosaron algo máis de claridade tras a pregunta no Parlamento Galego da deputada do BNG, Olalla Rodil, no que o Director de Augas de Galiza dí non dispor de autorización de Costas ata que se retire o emisario roto, trámite que debe xestionar o Concello.
O grave perxuizo medioambiental e económico que as diferentes administracións están causando a Viveiro e á veciñanza (por outro lado, pagando cánon de saneamento), deberían ser motivo de explicacións sen rodeos. Volver sentar na mesma mesa aos asinantes do Convenio e respostar á veciñanza sen pasarse a pelota: quen ten a culpa do retraso? cando van executar as obras? Que pasa se caduca a financiación da UE? Vaise valorar e reparar o dano medioambiental e económico de anos de verquidos?
A actividade do BNG neste asunto foi continuo, rexistrando en xuño de 2017 unha petición de información sobre o estado do convenio asinado por Concello e Xunta de Galiza, sen obter resposta do Goberno Municipal. Ademais de formular cuestións no Parlamento Galego e Europeo, realizouse un mural reivindicativo e unha recollida de sinaturas na que participaron unha treintena de colectivos viveirenses. A miña participación nesta semana nas xornadas sobre a auga no Parlamento Europeo, xunto coa eurodiputada polo BNG, Ana Miranda, será unha nova oportunidade para esixir solucións, amosar as nosa preocupación (e seguro que da maioría da veciñanza), e deixar ben claro novamente que “A NOSA RÍA NON É UN VERTEDOIRO”.
Seve Salgueiro.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



