Lugo, 27 de marzo de 2019. O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou este martes que a Deputación promoverá a recuperación da Vía Rexia do Norte, unha ruta de peregrinación que atravesa 8 Concellos da provincia de Lugo e de Asturias, concretamente dende Castropol a Lugo. O primeiro documento existente sobre esta ruta de peregrinación data do 1240, o que a converte na ruta máis antiga da provincia. Fíxoo nun encontro con representantes de varios destes Concellos no que informou do inicio este mesmo ano do proxecto para o estudo e recuperación deste vía, que abrangue aos Concellos de Meira, A Pontenova, Riotorto, Pastoriza, Castro de Rei e Lugo así como 2 asturianos, Vegadeo e San Tirso de Abres.
A pesares de que a Vía Rexia do Norte non é unha ruta recoñecida oficialmente, conta cada vez con máis camiñantes pola provincia de Lugo. Tendo en conta esta situación, a Deputación e os Concellos implicados, buscan establecer novas medidas para recuperar, protexer e promover a ruta, co fin de que sexa, nun futuro, recoñecido oficialmente.
As actuacións enmarcadas dentro desta iniciativa arrancan este mesmo ano cunha primeira fase de estudo global para recuperar o trazado histórico, co fin de respectar ao máximo o camiño orixinal para, no 2020, realizar labores de sinalización tanto da propia Ruta como dos itinerarios culturais, medioambientais e arquitectónicos da zona.
Tal e como avanzou o Presidente, o que se busca é recuperar esta vía, e os itinerarios de cada un dos Concellos que integran a Vía Rexia, co fin de conseguilo antes do Ano Xacobeo 2021.
Actuacións para a recuperación da Vía Rexia do Norte
Este proxecto arranca coa fase de delimitación do trazado da Vía Rexia. A primeira das actuacións é a delimitación do trazado orixinal mediante o estudo previo de documentación existente sobre os tramos históricos, que permanecen en uso con características tradicionais, e sobre aqueles camiños que se perderon fisicamente pero dos que quedan vestixios históricos documentados. A continuación, realizaranse bases cartográficas dos Concellos polos que pasa a Vía Rexia, así como de toponimia.
De seguido, e nunha segunda etapa, búscase a mellora e reforma dos camiños existentes, co fin de sinalar este percorrido que arranca en Castropol e Lugo, que enlaza tamén con outros itinerarios do Camiños de Santiago. Ademais de iniciar a recuperación do trazado orixinal peonil, tamén se identificarán todos os puntos no que é necesario realizar obras, e farase un profundo estudo de bens patrimoniais e dos lugares integrados nesta ruta.
Participantes na xuntanza
No acto de presentación deste proxecto en impulso da Vía Rexia participaron o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; Alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado; o Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, o Alcalde de Vegadeo, Cesar Álvarez, e a Alcaldesa de San Tirso de Abres, Goretti Quintana.























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



