A Mariña, 28 de marzo de 2019.- Como resultado das denuncias presentadas polas asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio, a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural enviou un documento ao Concello de Mondoñedo onde se informa que “con motivo das dilixencias informativas abertas por explotación de canteira no lugar de Vilamor” esta canteira “ocupa terreos do ámbito protexido do xacemento Castro da Trinidade, alterando substancialmente o terreo e subsolo, sen que dita intervención teña amparo dunha autorización desta Administración”. Neste mesmo documento recoñécese que dita explotación ocupa tamén “superficie do territorio histórico do Camiño de Santiago do Norte”.
Por outra parte, Patrimonio sinala que este ben patrimonial está catalogado e que en 1997 establecéranlle límites á canteira para protexer a mencionada zona arqueolóxica.
Esta documentación da Subdirección Xeral de Patrimonio baséase nos informes realizados por arqueólogos da Dirección Xeral de Patrimonio de Santiago. Uns informes que contrastan, contradín e mesmo deixan en evidencia os elaborados polo Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo. Desde o Servizo provincial pretendíase demostrar a inexistencia do sitio arqueolóxico, así como xustificar as desfeitas provocadas por Canteras Santa Cecilia, argumentando que se trataba dunhas “antigas remocións de terras” nunha “canteira hoxe abandonada”.
Cómpre lembrar que o Servizo de Patrimonio de Lugo mesmo tiña solicitado a descatalogación deste sitio arqueolóxico; descatalogación e desprotección que non se chegou a materializar porque o Servizo de Lugo posiblemente non tiña seguido os procedementos legais para conseguilo. A descatalogación do xacemento conlevaría uns beneficios económicos moi elevados para a empresa propietaria da canteira e legalizaría a posible situación irregular, derivada da ocupación e explotación dunha zona arqueolóxica protexida.
En 2018 ADEGA e Mariña Patrimonio denunciaban perante a Fiscalía a posible ocupación e destrución do sitio arqueolóxico pola canteira, así como o intento de desprotección do xacemento por parte do Servizo de Patrimonio de Lugo, achegando ambas asociacións probas que contradín os informes elaborados por este Servizo. Agora é a propia Dirección Xeral de Patrimonio a que achega probas dos posibles danos no Castro de Trinidade e no Camiño de Santiago, deixando en evidencia o Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



