NOTA DE PRENSA
A iniciativa persegue que os entes locais da nosa comarca reforcen a petición formulada polo Partido Popular no Parlamento de Galicia
OS POPULARES PROMOVEN O APOIO DOS CONCELLOS DA MARIÑA Á OFICIALIZACIÓN DO CAMIÑO DO MAR COMO ITINERARIO DE PEREGRINACIÓN XACOBEA
* Concellos, Xunta de Galicia, Deputación provincial e outras institucións colaborarán na divulgación e promoción deste percorrido
A Mariña, 2 de marzo de 2009.- Despois de que o pasado venres os deputados do Partido Popular Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao presentaran en rolda de prensa unha iniciativa parlamentaria destinada a demandar da Xunta a oficialización do Camiño do Mar como itinerario de peregrinación xacobea, agora dan un paso máis e buscan sumar o apoio dos concellos a este petición. Para acadar este obxectivo os distintos grupos municipais do Partido Popular rexistrarán unha moción para o seu debate en Pleno, e a través da que tamén os entes locais amosaran o seu apoio decidido ás tarefas de divulgación e promoción deste percorrido que poidan desenvolverse por parte das administracións como é o caso da Xunta, da Deputación Provincial, ou doutros organismos e entidades.
O PP está convencido que os municipios poden e deben sumarse a esta petición e deste xeito reforzar a iniciativa impulsada no Parlamento de Galicia para que o Camiño do Mar poida oficializar o seu percorrido e polo tanto o viario que discorre polos concellos de Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ortigueira, Cedeira e chega ata Neda, no que se funde coa ruta oficial do Camiño Inglés chegando ata Santiago.
A moción popular insiste no fundamento histórico desta petición e, sobre todo no feito de que o Camiño do Mar cumpre todos os requisitos para pasar de ser unha simple vía de comunicación a converterse nun camiño de peregrinación. Estaría demostrado, polo tanto, a existencia dun camiño histórico sobre o que poder trazar, posteriormente, o itinerario da vía de peregrinación; estaría corroborada tamén a existencia dunha rede asistencial na que os peregrinos podan acollerse e atopar comida e cama e, finalmente, existe constancia histórica da presenza continuada de peregrinos entorno a el e nun espazo temporal continuado




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



