O cervense segue dando grandes sorpresas no Trofeo Federacoón Galega-Xunta de Galicia de tiro con arco en aire libre da modalidade de arco espido.

Estará conducida por Boris Vilar quen achegará segredos medioambientais e históricos en torno ao Río Sor. Unha ruta duns 9 km que comezará ás 10h no lugar de Morgallón. Info e inscricións en rutasgalicianorte@gmail.com.
Un home faleceu este domingo tras ser rescatado inconsciente da auga na praia de Llas, no concello de Foz. O aviso chegou ao 112 Galicia ás 17:15 horas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaban de que acababan de sacalo da auga. Nese momento, estaban practicándolle manobras de reanimación, pero, malia os esforzos, só puideron confirmar o seu falecemento. No operativo interviñeron os servizos sanitarios e axentes da Garda Civil. Tamén se informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
A conselleira do Mar asistiu aos actos da festividade da Virxe do Carmen, organizados pola confraría de pescadores Santiago Apóstol.
1° Lukman Ajao (TM Milagrosa). 2° Jiaqi Guo Chen (TM Monteporreiro). 3° Pedro Saavedra (Finisterre TM). 3° Eugenio Alonso (CD San Ciprián)
A Deputada asistiu á tradicional procesión marítima pola ría de Viveiro, na que a imaxe da patroa do mar foi acompañada por barcos engalanados con bandeiras e flores. Durante o percorrido, homenaxeouse aos mariñeiros falecidos, nun emotivo acto de recordo e respecto. Posteriormente, a Deputada sumouse á subida da imaxe da Virxe e á celebración da misa solemne, á que asistiron centos de veciños e veciñas, destacando “a importancia de manter as tradicións mariñeiras e a identidade cultural da Mariña lucense”.
Tivo un percorrido de 11 km pola espectacular contorna do conxunto histórico-artístico da Fábrica de Sargadelos. Foi unha xornada deportiva única, marcada polo bo tempo e un excelente ambiente. Parabéns tamén a Marcos Gómez e Manuel Eiras, segundo e terceiro na categoría masculina, e a Nía Franco e Sonia González, segunda e terceira na categoría feminina.
Estivo organizada polo Kayak de Foz co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Máis de 150 palistas participaron na competicion que reuniu unha vintena de clubs de toda Galiza.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital