Lugo, 1 de abril de 2019.- A provincia de Lugo suma tres novas festas de interese turístico de Galicia, que verán reforzado o apoio económico da Xunta e obter ata 7.500 euros ao dobrar a contía directa que concede a estes eventos. As novas distincións recoñecen á Semana Santa de Lugo, a Festa da Romaxe das Cruces, en Ribadeo, e Feira do Poldro e Gando do Monte de Muras.
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, valorou hoxe estes recoñecementos xunto con responsables da organización dos eventos: O alcalde de Muras, Manuel Requeijo; Ramón Basanta, coordinador xeral da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo, e Daniel Vega, en representación da Romaxe das Cruces.
Balseiro reiterou o compromiso da Xunta para impulsar estas celebracións que “engrandecen as xa de por si ricas manifestacións da cultura e tradicións populares de Galicia”, e gabou “os esforzos públicos e privados” que conflúen nestas citas.
Lembrou que en Lugo hai xa 35 festas de interese turístico, dúas das cales suman o recoñecemento de interese turístico nacional (o San Froilán e o Arde Lucus, ambas na capital) e unha o internacional (a Semana Santa de Viveiro).
A partir deste ano, a Xunta duplica a contía de 3.000 euros que concedía para colaborar cos custos de organización. Como viña sendo habitual, a esta axuda directa de 6.000 euros sumaranse 1.500 euros grazas a un convenio da Consellería de Cultura e Turismo coa entidade financeira Abanca.
Próxima estrea
A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo será a primeira en estrear a condición de cita de interese turístico de Galicia, en apenas dúas semanas. Na súa declaración tivéronse en conta aspectos como o valor artístico das súas imaxes ou o feito de que se involucren en parte dos seus actos diversas institucións (Concello, a Armada, o Exército, a Garda Civil ou a Policía Autonómica). Ademais, desde a vertente relixiosa, ten a singularidade de incluír o Xoves Santo, na procesión da Santa Cea, o Sagrario da Reserva.
O barrio da Ponte, en Arante (Ribadeo), celebrará unha nova edición da Romaxe das Cruces o luns de Pentecostés -este ano o 10 de xuño- para conmemorar a vitoria sobre as tropas napoleónicas dos veciños e veciñas de sete parroquias de Ribadeo e Trabada: Arante, Ove, Cedofeita, Cubelas, Vidal, Vilaboa e Sante. O momento máis vistoso desta celebración é o bandeo dos pendóns, un ritual que require de gran destreza, forza e precisión para que, indo paralelo ao chan, non chegue a tocalo.
A Feira do Poldro e do Gando de Muras convoca no mes de setembro a milleiros de veciños e visitantes nun evento que se celebra dende hai máis de 30 anos. Naceu enfocada á exaltación e comercialización do poldro e da súa carne, un produto autóctono, criado en liberdade e cunha alimentación complementaria natural, aínda que tampouco se desatenden outros sectores como o gando vacún. Así, desde o amencer ate o mediodía a actividade principal é a compra venda de gando. Logo, dáse paso a unha tarde máis lúdica na cal se celebran carreiras e espectáculos ecuestres.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.