Faino en colaboración coa empresa SERPA. Nela se explicará como evitar que se instalen niños de velutina cerca das vivendas, as técnicas de trampeo das raíñas para a cidadanía e para apicultores, os atraíntes e tipos de trampas, entre outras cuestións; ademais, os asistentes poderán plantexar as súas dúbidas ao poñente. A charla terá lugar o venres 5 de abril, ás 20:30 horas, na sala multiusos da casa do concello; o poñente será José María Vázquez, xerente de SERPA.
