Foz 6-4-19. O luns 8 de abril ás 20.30 no salón de actos do Cenima arrancan as xornadas coa presentación d´ A comuna do barruzo, o último proxecto musical e artístico de Ugia Pedreira que acudirá a Foz para presentalo en compañía do seu editor Abel Pérez.
A comuna del barruzo é un libro disco por Mialma producioes creativas e A central folque na que recollen diversas composicións musicadas por Ugia Pedreira e Pierrot Rougier sobre poemas de autores da comarca Eo Naviega como Hector Acebo, Quique Roxíos ou Belen Rico e que ven a ser o primeiro disco en galego de Asturias para o público infantil. As ilustracións que acompañan A comuna del barruzo son da autoría da pintora e ilustradora mariñá Mónica Justo, cunha importante obra no campo da pintura e da ilustración gráfica.
Ugia Pedreira é unha das grandes referencias da musica galega contemporánea. Nada en Vilaronte no concello de Foz a comezos da década dos setenta, iniciouse musicalmente no grupo mariñao Solpor, dándose a coñecer para o grande público como vocalista do grupo Chouteira co que gravaría tres discos. A súa traxectoria no ámbito da musica continuara coa fundación Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, trasformado posteriormente na Central Folque ao que nacería ligados outros destacadas propostas musicais participadas pola propia Pedreira como Nordestinas ou Marful. Ao tempo deseñou innovadores proxectos curriculares de centro e aula para a música feita en Galiza, escritos pedagóxicos e filosóficos en relación co ensino para crianzas e adultos.
As xornadas Sentirmos a Arte terán continuidade mañá martes 9 de abril ás 20.30 no salón de actos do Cenima cun palestra a cargo do artista plástico viveirense Xosé Luís Neira Broch que falará sobre o mural cerámico.



















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistirá este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



