NOTA DE PRENSA
O GPPP solicita máis documentación sobre as certificacións de obra de acopios da rede viaria provincial
* Os populares desexan verificar a propiedade dos indicados acopios no momento da sinatura das certificacións de obra
Lugo, a 4 de marzo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular presentou na Deputación un escrito no que solicita acceso á documentación acreditativa da propiedade dos acopios ós que se fai mención en diversas certificacións de obra correspondentes ó programa de mellora e conservación da rede viaria provincial, aprobadas por decretos da presidencia da Deputación os días 28 e 30 de decembro de 2009.
Así, no decreto número 4418 de 28 de decembro, aprobáronse as certificacións número oito da mellora e conservación da rede viaria provincial das zonas tres, catro, seis, sete, oito, dez, doce e trece.
O día 30 de decembro, último día hábil do ano, o Presidente da Deputación asinou un Decreto, o 4474, polo que se aproban as certificacións número oito do mesmo plan das zonas un, dous, nove e once.
En total, esas certificacións de obra suman 3.855.847,82 euros.
Así, os populares queren ter constancia documental de propiedade real dos indicados acopios, dado que entenden que o correcto uso dos cartos de todos os cidadáns da provincia debe estar totalmente garantido, ó igual que a tramitación do gasto dos mesmos.
O GPPP considera “anómalo” que o Presidente aínda non lle teña contestado a un escrito presentado o 23 de febreiro, nos que solicitaba que se lle indicase os lugares de ubicación dos indicados acopios. Os populares, segundo indicaron, queren pensar que Martínez e Valiño coñecen perfectamente a ubicación e a situación dos acopios, pero que se están demorando deliberadamente en contestar, porque o contrario sería, segundo salientan os populares, máis que preocupante.















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



