Lugo, 25 de abril de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este xoves, en Viveiro a IX Edición da Carreira Montes de Viveiro, CAMOVI 2019, fixérono acompañados do Director Técnico da Carreira, Pedro Esmorís García, o recoñecido corredor, Aaritz Egea, e doutros membros da organización da popular carreira mariñá. As 8:00 horas dará comezo a C42K, e as probas durarán ata as 15.30 horas cando se peche o crono, pola noite haberá actuacións musicais.
Rivera Capón puxo en valor “a calidade dos participantes desta cita deportiva, que este ano conta con preto de 750 inscritos. Que a C42K sexa a 2ª Proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña axuda a que algúns dos grandes corredores galegos se acheguen a esta marabillosa proba, e incluso a nivel nacional, como son os campións Aaritz Egea que nos acompaña, ou Oiahana Kortázar”
A CAMOVI presenta 6 modalidades para adaptarse aos diferentes niveis e idades: C42k (42 quilómetros), C21K (21 quilómetros), C10K (10 quilómetros), C45 relevos (45 quilómetros en parella), CAMOVIkids e unha andaina solidaria de 11 quilómetros, cun prezo de 5 euros, que serán doados á Asociación Española Contra o Cancro.
A carreira xa foi presentada o pasado mes de marzo na Casa de Galicia de Madrid “co obxectivo de convertela nun referente e unha cita marcada no calendario deportivo e turístico de toda España. Segundo os organizadores preto do 50% das visitas a páxina web veñen de Madrid, polo que quixemos agradecer e darlle unha maior difusión á carreira con esa presentación” explicou a Alcaldesa.
Horario
08:00 horas: Saída da CAMOVI 42K
09:00 horas: Saída CAMOVI C10K desde Aralde
11:00 horas: Saída CAMOVI C21K desde Naseiro.
11:00 horas: Comezo CAMOVI KIDS na Praza Maior.
15:00 horas: Entrega de trofeos ( a expensas de que se completaran todos os premios)
15:30 horas: Peche de crono na Praza Maior de Viveiro.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


