LUGO .- O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, informou hoxe que a Rede museísitica provincial, dependente da área de Cultura, vai celebrar unha serie de actos e desenvolver unha programación específica con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.
Nota de Prensa
A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DESENVOLVE UNHA PROGRAMACIÓN CENTRADA NA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O conxunto de actividades, con charlas, videoconferencias, exposicións e mesas redondas desenvolverase en todos os centros da Rede Museística Provincial ao longo da vindeira semana
Antón Bao lembrou a importancia de levar a cabo desde institucións culturais actividades didácticas que promovan o desenvolvemento dunha sociedade máis xusta desde a perspectiva de xénero e en todos os aspectos da vida
LUGO, 5 de marzo de 2010. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, informou hoxe no transcurso da rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, fóra dos asuntos da orde do día, de que a Rede Museísitica Provincial, dependente da Área de Cultura da Deputación, vai celebrar unha serie de actos e desenvolver unha programación específica con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller (8 de marzo). Segundo informou Antón Bao, dentro deste programa de actividades, o mércores 10 de xaneiro ás 20:30 horas inaugurarase unha exposición no Museo Provincial de Lugo que leva por título “Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres”. Esta exposición, organizada pola Área de Cultura da Deputación coa coordinación da fundación Galiza Sempre e en colaboración co Ministerio de Educación e a Deputación da Coruña, poderá ser visitada no refectorio do Museo de Lugo desde o día 10 ao 22 de marzo. Antón Bao engadiu que “a carón desta exposición, o mesmo día da inauguración vaise desenvolver unha conferencia sobre o mesmo tema (feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres), que contará coa profesora e escritora lucense Carme Blanco e Ana Luísa Bouza.
Por outra banda, no resto de centros da Rede Museística Lucense vaise desenvolver unha programación co alusivo título de “a arte de ser muller nun mundo por compartir”. Segundo explicou
Antón Bao, esta programación foi elaborada desde a Área de Cultura da Deputación “coa idea de trazar unha perspectiva de xénero desde distintas experiencias, culturas, políticas e orixes étnicas, pero compartindo sempre un obxectivo común: o desexo de superar a violencia e constituír o mundo que queremos baseado na paz, a xustiza , a liberdade, a igualdade e a solidariedade”. Neste camiño, do 4 ao 15 de marzo, no Museo de San Paio de Narla, grupos de escolares participarán nunha actividade que se chamou “Didáctica para o desenvolvemento desde unha perspectiva de xénero”, que será impartida por Francisca Abuín , Encarna Lago e Ana Ferro.
O 10 de marzo, no Museo do Pazo de Tor, terá lugar unha mesa redonda baixo o título “Muller e discapacidade. A arte de ser muller”, un encontro no que participarán mulleres vinculadas na súa vida ou traballo co eido da discapacidade e que estará moderado pola xerente da Rede Museística, Encarna Lago.
Por último, no Museo do Mar de San Cibrao, vanse desenvolver dúas actividades o día 13 de marzo. Dunha banda, terá lugar unha exposición en videoRede “Xenéricas”, que está percorrendo América e contou coa participación de mulleres de Galiza, Arxentina, Perú, Brasil, Uruguai, Canarias e Extremadura. Nesta ocasión, no Museo do Mar, participará a través de videoconferencia a comisaria desde Arxentina, Micaela Fernández. No Museo do Mar tamén se celebrará unha mesa redonda na que participarán mulleres redereiras, mariscadoras, panadeiras, directivas e artistas que compartirán as súas experiencias vitais orientándose á celebración en 2010 do ano internacional do achegamento entre culturas e o propio día da muller traballadora.
Asuntos do día
Dentro dos asuntos do día da Xunta de Goberno, o vicepresidente da Deputación de Lugo deu conta da aprobación e concesión de subvencións a asociacións culturais e deportivas e concellos pola realización de actividades. Antón Bao explicou que recibirán a subvención correspondente a Asociación Asamblea Cooperación pola Paz, cun importe de 2.977,60 euros, o Club Piragüismo Altruan de Ribadeo recibirá 1.503,65 euros e a ANPA do CEIP Veleiro do Campo (Castro de Rei) 1.778,63 euros. Dentro da liña de investimentos en instalacións de carácter cultural e equipamentos culturais dirixidos aos concellos, o Concello de Burela recibirá 3.000,00 euros para equipamento e o de Sarria 4.359,00 euros para investimentos.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



