Viveiro, 26 de abril de 2019. O sábado 4 de maio de 2019, na sala de exposicións da Biblioteca Municipal, abrirase ao público a exposición titulada BUJADOS: bosquexos, poemas e documentos, organizada pola Deputación Provincial, o Museo Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro. Esta mostra fundaméntase no legado que María Luísa Blasco Bujados, sobriña do artista, entregou ao Museo Provincial de Lugo en 2016 e inclúe unha colección de apuntamentos, bosquexos e debuxos orixinais de Manuel Bujados, algúns deles mostra da súa colaboración en diversas publicacións, ademais de cadernos con textos manuscritos e ilustrados polo autor. Completa o legado un conxunto de recortes de prensa, cartas, documentos varios e catro debuxos realizados por outros autores pertencentes ao seu círculo de amizades.
Trátase dunha colección inédita ata agora e de gran importancia para profundar no coñecemento da obra de Bujados, fundamentalmente no seu proceso creativo e na súa dedicación profesional á ilustración, pero tamén para valorar aspectos descoñecidos na súa vida e obra e achegarnos á personalidade deste singular e polifacético artista.
A colección estivo en estudo técnico-artístico e recibindo tratamento de conservación por parte do persoal técnico especializado do Museo Provincial de Lugo.
Este legado, xunto coa colección de Bujados que xa posuía o museo -parte dela exposta ao público na súa SALA 24-, converten ao Museo Provincial en lugar de referencia para o estudo e goce da obra de Manuel Bujados e na institución con maior número de obras orixinais deste autor.
Dende o Concello de Viveiro sentímonos profundamente satisfeitos por poder acoller esta exposición e ofrecer a veciños e visitantes a posibilidade de admirar esta importante mostra -inédita- do artista Manuel Bujados, precisamente neste ano no que se cumpre o 130 aniversario do seu nacemento. Consideremos que se trata dun fito cultural e artístico especialmente relevante e estamos convencidos de que servirá para coñecer, un pouco máis, a vida e obra deste grande artista viveirense.
O pintor e debuxante Arcadio Manuel Bujados Fernández naceu en Viveiro o 12 de xaneiro de 1889, no seo dunha famili numerosa. Sendo un neno emigrou, con seu irmán, á Belle Ville (Córdoba, Arxentina), cidade coa que estivo moi ligado durante toda a súa vida e na que faleceu o 21 de xuño de 1954. Aínda que comezou a súa actividade artística publicando poesía, contos e novelas curtas, a súa gran calidade como debuxante foi descuberta polos críticos do momento e, en 1913, participou na exposición de artistas galegos organizada polo Centro Gallego de Madrid; ao ano seguinte, expuxo no Salón de Humoristas e, en 1917, na exposición rexional de artistas galegos celebrada na Coruña en 1917; foron estas as primeiras exposicións dunha serie de mostras que o levaron a expoñer a súa obra dentro e fóra do país. Manuel Bujados é o principal representante do modernismo sensual e foi comparado co debuxante británico Aubrey Bearsley (ilustrador das obras de Oscar Wilde), con Gustave Moureou, William Blake, Gustave Klimt, etc.
O Concello de Viveiro quere agradecer publicamente á Deputación Provincial e ao Museo Provincial de Lugo por ofrecer a posibilidade de organizar conxuntamente esta exposición e anima a todas aquelas persoas interesadas en achegarse á obra de Bujados a achegarse a esta histórica mostra, que poderá visitarse ata o 3 de xuño de 2019, de luns a venres en horario de 16:30 a 20:30 horas, e os sábados de 11:30 a 13:30 horas.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



