Burela, a 26 de abril de 2019.- O candidato á alcaldía de Burela polo PP, Manuel Rouco, reuniuse este xoves co presidente de Portos, José Juan Durán Hermida, para trasladarlle parte das inquedanzas que o sector marítimo-pesqueiro de Burela lle manifestou nestes últimos tempos. O popular sinala que “esta é unha mostra máis da implicación que ten o PP de Burela cos diferentes sectores da nosa vila. Neste caso, o marítimo-pesqueiro”.
Entre os diversos asuntos plantexados atópase a limpeza do fondo na zona de atraque, que se vai a levar a cabo de inmediato, ou o custo da instalación de empresas no polígono dependente de Portos de Galicia ubicado na zona do Berbés. Neste caso, segundo manifestou o alcaldable popular, “o presidente de Portos estaría disposto a analizar un convenio específico unha vez se definira o tipo de empresas que estarían interesadas en instalarse neste lugar”.
Rouco tamén abordou na xuntanza co responsable de Portos “a revisión dalgún dos viarios situados na zona do porto, que agora mesmo presentan diversas fochancas; así como a posibilidade da instalación dalgúns norais intermedios para garantir o amarre de barcos de diverso tamaño nalgunha das zonas destinadas a tal fin”.
O candidato popular á alcaldía aproveitou a reunión con Juan José Durán para poñer enriba da mesa “a posibilidade de facer un futuro dragado no porto que aumente o calado polo menos en medio metro, xa que agora mesmo nas mareas vivas algúns dos buques teñen serios problemas para manobrar”.
Igualmente, sobre o arranxo da carpintería e da fachada dun dos edificios do porto no que está ubicada unha coñecida asociación de xubilados do mundo do mar, Durán Hermida trasladoulles aos populares de Burela que “xa está prevista dotación orzamentaria para tal fin”.
Oroza, Díaz e Eijo tamén participaron na xuntanza
Rouco estivo acompañado nesta reunión pola enxeñeira de camiños, canais e portos, Yovana Oroza; así coma polo equipo responsable da área de pesca, Miguel Díaz e Xusto Eijo. “O máximo responsable de Portos de Galicia recolleu as numerosas ideas aportadas para a mellora das infraestruturas portuarias de Burela”, explica.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



