Lugo, 26 de abril de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, presentaron a XLI edición da Festa da Troita da Pontenova que terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio. Este evento está declarado como Festa de Interese Turístico Galego e tamén de Interese Turístico Deportivo Nacional. O Goberno da Deputación vén apoiando nos últimos anos a organización deste evento, que este ano recibiu unha achega de 5.000 €.
Darío Campos destacou que “esta celebración da Pontenova é a segunda festa da troita máis antiga de Galicia. Xa conta con máis de 40 anos de tradición e consolidouse coma un importante revulsivo económico para o Concello da Pontenova e para a contorna da Mariña o cal redunde positivamente na provincia”.
130 pescadores participarán neste evento deportivo de repercusión nacional ao que acoden pescadores de Galicia, Asturias e outras comunidades. A Festa da Troita converteuse ademais nunha das máis importantes citas gastronómicas da provincia. Este ano, agárdase que se acheguen máis de 10.000 persoas a esta festa que contará con degustacións de troita, actuacións de bandas de música, verbenas, sesións vermú… A ocupación hoteleira é do 100%.
Programa
O martes 30 de abril ás 20:00 horas entregaranse os recoñecementos ”Troitas de Ouro” a personalidades e entidades relevantes do mundo da pesca; ás 21:00 horas a actriz e presentadora Isabel Blanco lerá o pregón. A continuación abriranse as casetas de degustación dos troitas.
O mércores 1 de maio, ás 9:00 horas darán comezo os concursos de pesca (lance, salmón e mosca) e a “I Ruta de Sendeirismo Festa da Troita Vía Verde”. Ás 18:00 horas entregaranse os trofeos aos gañadores dos concursos.
Ruta sendeirismo
Como novidade na edición de este ano, o Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova organiza a “I Ruta Festa da Troita Vía Verde”. É unha ruta gratuíta de 12,5 km ao carón do río Eo que terá lugar o 1 de maio. Discorrerá pola antiga vía do tren que vai desde Pontenova a Ribadeo e por 6 túneles de pedra. A ruta, de catro horas de duración, é de baixa dificultade e apta para todos os públicos. Nela os participantes poderán observar en directo aos pescadores participando no concurso e ver os lances de ata 8 campións do mundo da pesca. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo na oficina de turismo de A Pontenova e no email turismo@concellodapontenova.org
Premios Troita do Ouro
Nesta edición recibirán as distincións ‘Troitas de Ouro’ o campión de pesca do mundo a mosca, David García Ferreras; a Fundación NORTH ATLANTIC SALMON NASF; o proxecto Arcas de Mesas do Narcea; Leonardo de la Fuente de Radio Marca e Manuel Gómez da tenda de pesca en Chantada ‘Armería Mago’.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



