Lugo, 25 de abril de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou a todos os alcaldes da provincia da entrada en vigor do Convenio Especial para Coidadores non Profesionais de Persoas Dependentes. Trátase dun convenio especial que permite a alta na Seguridade Social, sen ningún custe para eles, daqueles coidadores non profesionais de persoas que teñen recoñecida unha prestación económica pola súa situación de dependencia.
A subdelegada do Goberno trasladoulles información sobre esta iniciativa, así como dos trámites e requisitos para acollerse a estes convenios especiais, a todos os alcaldes da provincia, a través dun correo electrónico enviado aos 67 concellos. Deste xeito, Isabel Rodríguez trata de garantir que os empregados municipais que se ocupan dos servizos sociais dispoñan dos datos necesarios para informar a todos os posibles beneficiarios.
Os coidadores non profesionais de beneficiarios da lei de dependencia poden suscribir dende o 1 de abril un convenio especial coa Seguridade Social sen ter que pagar eles as cotizacións, que correrá a cargo da Administración Xeral do Estado e non xeneran custe ningún ao coidador non profesional.
A principal vantaxe para os coidadores non profesionais, maioritariamente mulleres, é que deste xeito os anos adicados ao coidado da persoa dependente incluiranse na súa vida laboral e contribúen a xenerar dereito a prestacións como a de xubilación ou a de incapacidade permanente.
TRAMITACIÓN
Este convenio especial diríxese a persoas designadas como coidadoras non profesionais no Programa Individual de Atención, elaborado polos Servizos Sociais correspondentes ao concello de residencia da persoa solicitante. Para suscribilo é preciso que non estea dada de alta na Seguridade Social en ningún réxime a tempo completo nin no desemprego.
Ademais, a persoa que recibe os coidados ten que ter recoñecida a prestación económica de dependencia.
A solicitude débese presentar nas oficinas da Tesourería da Serugidade Social nas que existe un formulario para este fin. Tamén se pode solicitar na sede electrónica utilizando o servizo de “Alta en Convenio Especial”, sempre que se dispoña de certificado electrónico. Hai que acompañar o formulario correspondente coa resolución da prestación económica da dependencia e o DNI tanto do coidador non profesional como da persoa dependente.
Se ao suscribir o convenio se opta pola base de cotización equivalente ao tope mínimo do réxime xeral, o pago da cota será asumida na súa totalidade pola Administración. No caso de que o coidador non profesional opte por unha base de cotización superior, a Administración do Estado asume a cota correspondente á base mínima de cotización e o coidador paga o resto.
VIXENCIA DO CONVENIO ESPECIAL
Os convenios especiais de coidadores non profesionais das persoas en situación de dependencia suscritos con anteriores ao 1 de abril continúan vixentes, pero os interesados xa non terán que facer fronte ás cotas, senón que a súa financiación corre por conta da Administración Xeral do Estado. Este cambio produciuse de oficio para os 7.000 coidadores que o tiñan suscrito.
Os coidadores de persoas dependentes que tiñan recoñecida a prestación económica con anterioridade ao 1 de abril teñen tres meses (90 días naturais) para solicitar o convenio e que os seus efectos se extendan desde esa data, o propio 1 de abril. Se o suscriben a partir do 30 de xuño, o convenio terá efectos a partir da data de suscripción.
Asimesmo, os coidadores de persoas que vexan recoñecida a súa prestación económica de dependencia a partir do 1 de abril teñen 90 días para solicitar o convenio se queren que os seus efectos sexan dende o momento da data de recoñecemento da prestación. Se o fan despois dese prazo, o convenio terá efectos a partir da data de suscripción do mesmo.
No caso de que o coidador pase a ser titular dunha pensión de xubilación, incapacidade permante de viudedade ou de favor familiar ou cumpra os 65 anos, terá que dar de baixa o seu convenio. Tamén se extingue cando falece a persoa asistida, se deixa de percibir a prestación económica para coidados familiares ou se deixan de prestar servizos como coidador.























Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



