Foz, 2 de maio. Para o BNG, vendo os pregos da licitación do servizo de ambulancias medicalizadas do Sergas, estamos diante dun novo ataque á nosa sanidade pública, na Mariña e en Foz, donde curiosamente durante moitos anos o pobo mobilizouse para conseguir melloras sanitarias.
Para Francisco Xavier Fanego, “esta xa é a gota que colma o vaso, pois non podemos permitir que nos sigan sometendo a mais perdas de calidade na asistencia sanitaria, e poñendo en risco as nosas vidas”.
A Xunta tén que frear este despropósito
Neste sentido tamén se posicionou o candidato á alcaldía de Foz, que considera que nin este concello nin esta comarca poden nin deben quedar caladas diante das intencións do PP, expresadas no prego de condicións para a licitación do servizo de ambulancia medicalizada, no que se contempla a supresión dun dos dous postos de TES coa que está dotada a UVI móbil.
O BNG levará este asunto ao Parlamento
Co obxecto de dar solución a este problema xerado desde a propia Consellería de Sanidade, o BNG levará este asunto ao Parlamento, polo que este asunto será trasladado á parlamentaria Olalla Rodil, que de xeito urxente se reunirá en Foz con veciñ@s e profesionais sanitarios.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



