Mondoñedo 3-5-19. Tras 42 anos de traballo no IES San Rosendo, Modesto Díaz recibiu unha merecida homenaxe de alumnos e compañeiros. No derradeiro día no instituto todos os eless quixeron amosarlle o seu agarimo. Posteriormente ducias de compañeiros, que compartiron no pasado e no presente tempo con Modesto no IES, participaron dun xantar homenaxe no restaurante Montero de Vilalba. A directora, María José Cuesta deu lectura a este emotivo texto.
“Observando unha fotografía do pasado podemos trasladarnos a unha época determinada. O ambiente, a roupa, o peiteado, mesmo a nosa cara son testemuñas do vivido nesa etapa da vida e tamén do rápido que pasa o tempo.
Nesta foto túa de 1977, Modesto, es un rapaz que comezaba a traballar no instituto no que poucos anos antes aínda estudaba. No teu rostro, a ilusión de quen ten por diante un novo reto sabedor xa de afrontalo co xeito que mellor define a túa personalidade: con responsabilidade, compañeirismo e dedicación, calando así as bocas que non cren no compromiso do funcionariado.
Nestas máis xa de catro décadas da túa entrada neste centro, viches pasar milleiros de persoas: alumnado, profesorado, familias. Sempre accesible a todo o mundo, demostrando no teu traballo a túa integridade e entrega, xa que, afortunadamente para quen tivemos a sorte de traballar ao teu carón, es incapaz de ser outra persoa distinta da que es no ámbito laboral.
E así, case sen nos dar conta, chegou o día. Merecido, despois de 42 anos traballados, que non o pode dicir calquera. 42 anos de dedicación ao instituto que nunca deixaches, pois pasaches de estudar nel a ingresares como traballador; que iso é o que es, Modesto: un traballador nato, o paradigma do empregado público, entregado, a alma do centro. Sempre se pode contar contigo, non importa a hora, o día, a semana, o mes. Todo o que faga falta polo ben da comunidade educativa. Es das persoas máis honestas que coñezo: serio no traballo, responsable, a quen se pode confiar calquera tarefa coa tranquilidade que dá saber que ha ser levada a cabo coa máxima dilixencia e que ha saír ben. Es quen máis sabe do centro, pois es parte viva da súa historia. Aquí estiveches con todas as direccións que houbo ata hoxe, coñeces todos os segredos, anécdotas, funcionamento, vida e milagres do alumnado e do profesorado que pasou por estas aulas. Sempre disposto a facilitar que as cousas anden: acompañando unha excursión, facendo unha garda. E como controlas a rapazada no comedor! É ben certo que aquí lle toca vivir os anos da rebeldía adolescente, pero toda canta xente pasou polas túas mans recoñece e agradece o teu bo facer precisamente porque se recoñecen as persoas serias, responsables, que che dan seguridade, nas que podes confiar. Atendes a todo o mundo, sen pensares se forma parte ou non da túa función; simplemente axudas, sempre buscando o ben do centro e de Mondoñedo.
En fin, vai ser mellor que o contes ti, que sabes ben máis ca min. Eu só che quero dicir e agradecer o moito que me tes axudado, tamén cando eu empecei e ti entraches no Concello como servidor, outra vez máis, da cidadanía, colaborando co centro cando fixo falta. Foi un privilexio traballar contigo, un luxo terte de compañeiro. E non quero falar en pasado, porque sendo como es, sei que sempre has estar aí para o que faga falta… Aínda que tamén che debo dicir que, sen ti por aquí, o instituto xa non che é o mesmo”.
























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



