
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Xove 10-5-19. Os catro primeiros postos da lista están ocupados por persoas con estudios superiores con moita preparación e experiencia en asuntos vitais para o Concello, como a Economía, os Servizos Sociais, o traballo entre administracións ou o Deporte (Demetrio Salgueiro, licenciado en CC. Económicas; Ana Abad, Licenciada en Psicoloxía Clínica; Dolores Meitín, Licenciada en CC Políticas e da Administración e Cristina Iglesias, Licenciada en CC da Actividade Física e do Deporte.
A candidatura complétase con persoas con experencia tamén en outras ramas de actividade e con representación de todas as parroquias do concello.
A conxunción de formación e experiencia, así como a ilusión e ganas de traballar de todos os seus integrantes, fan que a do P.P. sexa a única candidatura das que se presentan ás eleccións que pode aportar ó Concello un traballo serio e riguroso que permita que Xove siga sendo un referente a nivel económico, social e en cantidade e calidade dos servizos que se prestan ós veciños, así como unha garantía de mellora de infraestructuras, asuntos nos que se ben traballando intensamente nos últimos anos.
CANDIDATURA COMPLETA
1. JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO RAPA. Natural de Lago, e residente en Xove. Licenciado en CC. Económicas.
2. ANA MARÍA ABAD LÓPEZ. Veciña de Xove e licenciada en Psicoloxía. Psicóloga Clínica.
3. Mª DOLORES MEITíN GUERREIRO. Natural de San Cristovo, na parroquia de Portocelo. Licenciada en CC. Políticas e da Admón.
4. CRISTINA IGLESIAS GUERREIRO. Veciña de Xove. Licenciada en CC. da Actividade Física e do Deporte.
5. RUBÉN SÁNCHEZ VILLARQUIDE. Natural do Alto do Cruceiro. Traballador de Alcoa.
6. CECILIA DUARTE FERNÁNDEZ. Veciña de Palmeiro- A Rigueira. Técnico Superior en Admón e Finanzas.
7. MANUEL ÁNGEL MEITíN ROUCO. Veciño da parroquia de Portocelo. Traballador de Alcoa.
8. LEANDRO QUELLE FRANCO. Natural de Sumoas. Prexubilado de Alcoa. Presidente da Asociación Equina “A Medela”.
9. Mª PILAR COCIÑA SÁNCHEZ. Veciña de Morás. Ama de casa.
10. JOSÉ MANUEL DAYÁN MARIÑO. Natural de Ventoselle, na parroquia de A Rigueira. Empresario.
11. Mª AMABILIA VÁZQUEZ DÍAZ. Veciña de Villalpol, parroquia de Portocelo. Traballadora da Residencia de Maiores de Xove.
RESERVAS:
1. ROSARIO BALSEIRO LÓPEZ. Natural de Ceranzos, na parroquia de Xuances. Administrativa.
2. JOSÉ MANUEL BALSEIRO CANOURA. Veciño de Regosangüento, na parroquia de A Rigueira. Técnico electrónico e traballador de Alcoa.
3. Mª JOSEFA PENA PASTOR. Natural de San Vicente, na parroquia de A Rigueira. Operaria municipal.
4. JUAN CARLOS GARCÍA CASTRO. Natural de Sumoas. Empregado dunha empresa auxiliar de Alcoa.
5. ANDRÉS PRIETO MURIEL. Veciño de Vilar, en Lago. Xubilado de Alcoa.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



