Burela, 10 de maio de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, fixo un balance moi positivo das primeiras horas de celebración da XVIII Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar. Llano subliñou que é un dos eventos máis importantes do Estado español, fixo referencia a que nas xornadas técnicas se abordan temas como o futuro do sector pesqueiro e aludiu á importancia de que hoxe se celebrese, en Burela, o Consello Galego de Pesca. O rexedor convida a visitar Expomar, na nave de redes no peirao burelés, ata o vindeiro domingo.
Llano dixo que “a Feira Expomar, a feira náutico pesqueira quizais máis importante agora mesmo no estado español, está tendo un éxito extraordinario. Nesta edición número 18, xa cumprimos a maioría de idade, ten unhas connotacións e unhas singularidades moi diferenciadas do que viña sendo habitual porque hai máis expositores derivado da demanda do propio sector, que quixo vir aquí porque ve que esta feira pode ser fundamental para os seus intereses comerciais, de investigación, etc…”.
O tamén presidente da Fundación Expomar sinalou que “estamos moi contentos e moi satisfeitos de como se está desenvolvendo a Feira Expomar deste ano. Imos estar abertos ata o domingo, día 12, ás 14:00 horas, e mentres tanto imos tratar de aproveitar todo o que se expón, todas aquelas oportunidades de facer cousas aquí en Burela e tamén nas xornadas técnicas. Nesas xornadas técnicas onte foi todo relativo a temas de carácter sociolaboral, e hoxe vai ser exclusivo do sector pesqueiro con temas como o Brexit, os descartes, os retos e os desafíos do sector para os próximos dez anos e a política pesqueira común. Hoxe tamén imos ter o encontro dos empresarios do sector. Veu moita xente a esta xuntanza, o que significa que hai preocupación e interese porque realmente están preocupando certos temas. Van debater e sacar unhas conclusións finais que darán a coñecer ao mediodía”.
O rexedor burelés manifestou que “tamén temos a sorte de contar co Consello Galego de Pesca, que é unha boa oportunidade que se veña a facer aquí. Estamos contentos, xa hai moita xente visitando o recinto que este ano ten moito que andar porque son 140 stands máis 350 marcas representadas. Hai de todo, propulsores, electrónica, seguridade, servizos, unhas hélices extraordinarias, e eu penso que se van facer transaccións económicas e desde logo negocio porque para iso se fai a feira. Este ano tivemos que ampliar a 4.000 metros cadrados de exposición a capacidade na nave de redes do porto derivado da demanda que había. Iso quere dicir que pouco a pouco esta feira se vai consolidando como unha das importantes de todo estado e que cada vez é máis internacional porque hai moitas marcas e profesionais que veñen de Europa e incluso hai unha representación caboverdiana”.
Alfredo Llano quere “animar a toda aquela xente que sexa profesional do sector náutico pesqueiro a que se achegue, e tamén mañá e o domingo pode ter a oportunidade toda a xente de Burela e da Mariña de facer unha visita a este recinto”.
O horario de visita hoxe, venres, e o sábado é de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas e o domingo de 10 a 14 horas. Esa xornada terá lugar un acto de recoñecemento público ás doce e media do mediodía e á unha da tarde será cando o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, clausure Expomar 2019.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



