Ribadeo, 16 de maio de 2019. O Concello procedeu esta mañá ao descubrimento dunha placa no porto para dar a coñecer o lugar no que se atopa afundido o galeón Santiago de Galiza, un barco da Real Armada de Filipe II, que arribou a Ribadeo en mal estado acompañado de dúas urcas. Afundiuse o 13 de novembro de 1597 e a tripulación foi auxiliada e acollida por ribadenses. Trátase do galeón mellor conservado das augas territoriais españolas e un dos máis avanzados de finais do século XVI en técnica construtiva. No acto interviñeron o alcalde, Fernando Suárez, o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, o arqueólogo Miguel San Claudio, e a presidenta da Asociación Amigos del Galeón de Ribadeo, Ainoa López.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “hai uns meses quixemos, en varias partes do casco vello, poñer informacións históricas de acontecementos que pasaran en Ribadeo nestes últimos séculos. Botamos man do noso cronista oficial para que nos axudara a rescatar da historia das actas do Concello, momentos do pasado. Pero quedábanos unha débeda pendente, non exactamente no Ribadeo continental senón na ría, dun feito que se descubriu non hai moitos anos, e que vexo que ten un seguimento moi importante, de feito hai unha asociación que está constituída desde hai varios anos para velar, reclamar e para que os diferentes organismos públicos lle presten atención a algo que é unha realidade histórica e material que está no fondo da ría”.
O rexedor engadiu que ”para recordalo como testemuño vivo de que iso está aí e que entre todas as administracións, quizais despois desta campaña electoral, desta voráxine na que estamos metidos, cunha certa pausa, que é como se poden facer mellor as cousas, poidamos entre todos, e o Concello de Ribadeo tamén, dar o mellor de nós para intentar facer, como noutros sitios de Europa, poñer en valor algo tan importante”.
Suárez Barcia subliñou que “este era un dos mellores galeóns, segundo todos os expertos, da flota de Filipe II que afondou aquí no ano 1597. É unha historia moi interesante, denota que Ribadeo non é algo que se creara no século XIX senón que ten moitos séculos de historia, e precisamente no seu momento, por mergullar nas actas municipais daquela época, fóronse buscando vestixios escritos documentais que levou a descubrir unha historia fermosa que toda esta xente da asociación do galeón e diferentes arqueólogos especialistas en arqueoloxía subacuática día a día están botando luz sobre isto e a ver se dentro de pouco podemos facer algo máis, a ver se podemos rescatalo se é posible”.
O arqueólogo Miguel San Claudio manifestou que “como siempre la idea es estudiar el pecio en sus características. Es el galeón de guerra del siglo XVI mejor conservado que conocemos y nuestro objetivo es su estudio científico, saber cómo se construyó, saber los avances tecnológicos que plantea este barco y proceder a garantizar su conservación. En ese aspecto puede haber múltiples soluciones que se estudiarán cuando llegue el momento. Por ahora no podemos plantear ninguna a largo plazo para su conservación porque ni somos nosotros los que tenemos que tomar la decisión ni estamos cualificados para ello. Pero sí es cierto que en algún momento habrá que tomar una determinación para garantizar la conservación de este barco, y en ese momento se cogerán todas las opciones disponibles”.
A presidenta da Asociación Amigos del Galeón de Ribadeo, Ainoa López, dixo que “el galeón necesita un examen más exhaustivo y que los técnicos determinen que efectivamente se puede extraer del fondo, pero en caso de ser así es lo que en principio planteamos al conocer los ejemplos de los museos extranjeros y el éxito que tienen en cuanto a visitantes y el dinero que aportarían a la comarca, no solamente a Ribadeo sino al resto de la comarca, aquí en Galicia y a Asturias”.
Para López “la señalización es fundamental en un bien cultural que cuando lo señalizas se convierte en importante. Lo importante es lo que señalizamos y lo discernimos de lo demás, el galeón hasta este momento pasaba desapercibido, sólo era conocido por los especialistas y en cuanto a la gente por nadie más, salvo algún buzo de la comarca. El ayuntamiento al señalizarlo le está dando una relevancia, le está reconociendo los valores de importante que tiene, y por eso le diferencia de los demás. Es algo muy importante en cuanto a patrimonio señalizarlo”.
Ao acto que tivo lugar esta mañá no porto ribadense acudiron, entre outros, como convidados os rexedores asturianos de Castropol e Vegadeo e portavoces dos grupos políticos con representación no Concello ribadense.
Na placa de Sargadelos descuberta hoxe pódese ler o seguinte texto: O Galeón Santiago de Galiza, un barco da Real Armada de Filipe II, arribou en Ribadeo en mal estado, acompañado de dúas urcas. Afundiu o 13 de novembro de 1597 nas inmediacións deste lugar. A tripulación foi auxiliada e acollida polos habitantes da vila. Posiblemente é o galeón mellor conservado das augas territoriais españolas e un dos máis avanzados de finais do século XVI en técnica construtiva. Testemuños contemporáneos cualificaron a embarcación como das mellores da frota.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



