Viveiro 19-5-19. A agrupación municipal SON Viveiro – SON En Común defende a autonomía e a capacidade da xente nova para desenrolar os seus propios proxectos. Elena (20 anos), Pablo (22 anos),
Manuel (23 anos) e Menalia (25) traballan diariamente pola mocidade de Viveiro e pretenden empatizar co seu pobo facendo suxestións que, en todo momento, son froito das súas experiencias e inquedanzas.
Destacan o seguinte: “Dende hai xa moito tempo, a xente nova de Viveiro demanda, e demandamos, un maior peso na política municipal, queremos que se comprenda a nosa situación, non somos un comprador ao que se lle vende un produto senón xente activa e capaz.
Non temos a pretensión de formar parte de listas só para facilitar unha renovación estética nunha campaña nin nos gusta ler constantemente propostas de candidatas e candidatos para captar o noso voto. Sabemos que despois todo iso non é máis que fume. Queremos ter voz propia e para iso formamos parte de SON Viveiro, unha coalición na que por primeira vez nesta vila, as propostas encamiñadas a mellorar a situación da xuventude viveirense, son froito das experiencias e prioridades de rapazas e rapaces. Todo coa colaboración e o apoio das nosas compañeiras e compañeiros.”





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



