Lugo, 3 de xuño de 2019. O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, mantivo un encontro con representantes de distintas asociacións deportivas da provincia, no que informou dunha nova achega ao tecido deportivo lucense de máis de 160.000 euros. “O deporte é un eixo central na nosa concepción da provincia, apoiamos desde os equipos profesionais que participan en ligas de primeiro nivel, ata o deporte base e como forma de lecer. Somos un garante na continuidade do deporte lucense”, explicou.
Estas axudas, dirixidas a 11 asociacións de toda a provincia, destínanse a sufragar gastos de tempada, nun total de 6 modalidades, ademais de dúas axudas para a organización de probas deportivas como son o Raid Gallaecia, que se celebrou o pasado mes de maio polos concellos da Mariña, e o curso de Monitor de Tiro con Arco do Club Castelarco.
Campos Conde tamén remarcou a importancia “do deporte feminino como xeito de potenciar a igualdade real, por iso mantemos unha colaboración coa sección feminina do Burela FS, un club que reflicte o bo facer neste ámbito creando referentes femininos no deporte, grazas aos seus logros”.
As novas axudas que o Executivo Provincial vén de asinar irán destinadas a:
Galorient Sport: 10.500 euros, para a realización do Raid Gallaecia.
Club de Tiro Castelarco: 950 euros, para a realización do curso de Monitor de Tiro con Arco no ámbito autonómico.
Club Estudiantes de Lugo (baloncesto): 55.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club de Natación Portamiñá: 14.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club de Birlos O Cadaval: 5.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club Fluvial de Lugo: 15.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019 nas modalidades de tenis, natación, atletismo, orientación e piragüismo.
Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial: 18.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club Baloncesto Sarria: 12.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club Burela Fútbol Sala: 12.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019 da sección feminina.
Club Ribeira Fútbol Sala: 4.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club de Piragüismo Cidade de Lugo 15.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.





















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
