Lugo, 20 de xuño de 2019. O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, recibiu este xoves, ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF, que veñen de gañar a Copa da Raíña de fútbol sala. Durante o acto, tamén participou a Vicepresidenta do club, Cesarina Fanega. A Deputación achegou 20.000 euros para a celebración da XXV edición do campionato, que se celebrou en Burela, o pasado fin de semana, e reuniu aos 8 primeiros clasificados da Liga Foro 16 Feminismo. As mariñás acadaron o título nunha final que se prolongou ata os penaltis, contra o campión da Liga, o Futsi Atlético Navalcarnero.
Campos Conde destacou “o momento clave que vive o deporte feminino, demostrando cada día que pode ofrecer a mesma calidade e espectáculo que o masculino. Trátase, así mesmo, dun momento que as institucións non podemos deixar pasar, polo que debemos seguir apoiando e reivindicando a igualdade tamén neste eido. Dende a Deputación queremos facer desta institución e desta provincia un referente cando se fale de deporte feminino, pois supón un avance moi importante para acadar a igualdade real entre homes e mulleres”.
Nesta temporada o equipo masculino do Pescados Rubén Burela FS, conseguiu o ascenso á Primeira División, converténdose no único club de España que conta con equipo masculino e feminino na máxima categoría do fútbol sala nacional.
As xogadoras remataron unha temporada de éxitos despois de quedar segundas no campionato de Liga, son campioas da XIII Copa Galicia, ademais de acadar a súa segunda Copa de España, que por primeira vez levou o nome de Copa da Raíña de Fútbol Sala. Afirman que o seu equipo está feito para ganar títulos e afrontan a próxima temporada coa ilusión de conseguir o doblete en Liga e Copa.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


