Mondoñedo, 2 de xullo de 2019.- O Concello de Mondoñedo apoia o Festival MindoMúsica que achegará música de cámara á cidade entre os vindeiros 9 e 12 de xullo da man da violinista mindoniense Rebeca Maseda, pregoeira das últimas festas das Quendas, que estará acompañada doutros cinco músicos: Antonio Viñuales –violín-, Alberto Rodríguez –viola-, Iván Siso –violoncello-, Yolanda Fernández –clarinete- e Rosalía Gómez –piano-.
Esta iniciativa que pretende revalorizar aos grandes compositores mindonienses coma Pascual Veiga ou José Pacheco a través do estudo, interpretación e adaptación da súa música contará con dúas partes diferenciadas. Por unha banda, entre o martes 9 e o mércores 10 desenvolveranse unha serie de coloquios, clases interactivas e ensaios abertos aos máis pequenos no marco da programación de campamentos de verán da Escola Municipal de Música. E por outro lado, o xoves 11 e o venres 12 desenvolveranse os ensaios xerais e dous concertos.
Concertos
Os concertos terán lugar en dous escenarios: a catedral de Mondoñedo e o auditorio municipal Pascual Veiga, respectivamente. En calquera dos casos, darán comezo ás oito e media do serán e a entrada será de balde ata completar aforo. O primeiro, denominado ‘Unha viaxe de ida e volta’, desenvolverase na catedral e contará con música de W.A. Mozart, A. Webern, J. Turina e obras conservadas no Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo. No segundo, ‘Xenialidades varias’, os músicos participantes tocarán no auditorio municipal pezas de A. Gaos, R. Schumann e S. Prokofiev.
Riqueza histórico-cultural mindoniense
O concelleiro de Educación, Cultura e Novas Tecnoloxías, Alberto García, remarcou a “importancia e responsabilidade que temos en investigar e manter viva a interpretación musical de compositores mindonienses poñendo énfase na súa produción musical nun evento destas características”. Así, “agradeceu a Rebeca a súa iniciativa de intentar que as partituras e manuscritos que se conservan no Arquivo da Catedral se leven ao escenario e dalos así a coñecer ao público”.
Esta iniciativa permitirá tamén “conectar coa riqueza histórico-cultural desta cidade tan emblemática como é Mondoñedo”.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



