Mondoñedo, 2 de xullo do 2019. O voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, apunta que informou ao resto dos grupos da corporación, no pleno extraordinario celebrado o pasado venres 28 de xuño, de que o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais está incompleto por non estaren incluídos todos os puntos que determina a Lei 3/2007 de Prevención e Defensa Contra Incendios de Galicia. “A idea era que se revisara e corrixira o plan antes de sacalo a exposición pública pero a proposta non saíu adiante e o plan de incendios foi aprobado igual de forma inicial cos votos a favor do Partido Popular.”
Segundo Eloi Cabanas, no documento que aporta o concello, só están os planos da Rede Secundaria de faixas de xestión da biomasa perimetral ao solo urbano, núcleo rural e urbanizable, xunto coa relación de parcelas afectadas, pero non se aportan os planos da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa arredor de vivendas illadas ou a rede de vías, camiños, estradas de titularidade municipal na que o concello tamén ten a competencia de adoptar as medidas de prevención.
-AS MEDIDAS CHEGAN TARDE-
Eloi Cabanas aclara que antes de que remate o mes de maio de cada ano é obrigatorio xestionar a biomasa no ámbito de todas as redes de faixas de xestión, incluída a retirada de especies arbóreas se é o caso, e se as persoas responsables de acometer estes traballos non o fan, expóñense á posibilidade dunha execución subsidiaria do concello ou ben da administración autonómica en función do ámbito das súas competencias.
-PROMESAS INCUMPRIDAS-
Cabanas apunta que Elena Candia non cumpriu a promesa feita en outubro do 2016 na que anunciada unha campaña de sensibilización para cumprir a Lei de Montes e na que tamén se ían dar charlas informativas polas parroquias, “ao ano seguinte enviaron cartas aos veciños e veciñas nas que só se informaba da normativa de obrigado cumprimento”.
-MOCIÓN DO BNG-
En febreiro do 2018 o BNG sacou a diante un acordo plenario para que o goberno emprendera unha campaña de concienciación para informar dos terreos afectados polas distancias regulamentarias e tampouco se respectou.
O concelleiro nacionalista non entende como o Partido Popular se apura tanto agora para sacar adiante unha aprobación inicial do plan para poñelo a exposición pública durante un prazo de 20 días, cando aínda faltan moitas parcelas afectadas por identificar.
“A presentación do plan do outro día só foi outra campaña máis de autobombo ao que nos ten acostumados a Alcaldesa xa que ata o día de hoxe o concello está incumprindo a Lei de Defensa e Prevención contra os Incendios Forestais de Galicia”.




















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



