Seguen chegando as boas novas para o Pescados Rubén Burela FS da máxima categoría. A entidade mariñá chegou a un acordo con José Antonio Macías Pérez, Joselito, para a próxima tempada tras a rescisión do xogador con Palma Futsal, club no que militou nove tempadas. O 2 laranxa recalou, en calidade de cedido, no conxunto de Juanma Marrube a finais de xaneiro, como reforzo da escuadra cunha perfecta combinación de mocidade e experiencia en Primeira na loita os laranxas polo ascenso. Con este paso, o Pescados Rubén Burela referenda a súa aposta pola continuidade dunha fisolofía e un bloque co que pelexar con ilusión e expectativas no bonito reto que se presenta por diante.
Joselito queda no Pescados Rubén
-
Seguinte
O Concello, a través da Concellería de Igualdade, o Centro de Información ás Mulleres e a Oficina Municipal de Voluntariado, en colaboración coa organización, pon en marcha, por segundo ano, o dispositivo “PUNTO LILA RF 2019”, que ten como finalidade previr a violencia machista, acompañar, asistir e prestar apoio ás mulleres que sufrisen algún incidente deste tipo durante o festival



















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



