Será este mércores ás 11.00 horas no Campón da vila. A iniciativa desenrolarase entre as 11.00 e as 14.30 horas e repartirá máis de 300 agasallos entre os clientes que presenten un ticket de compra dos establecementos asociados de Burela, e que realizaran unha ou varias compras entre o 3 e o 10 de xullo, por importe mínimo de 10 euros. Cada persoa pode tirar ata un total de 3 veces. A “Ruleta da Sorte” está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria-Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Novogal e o CCA de Burela. O arranque da ruleta contará coa presencia de representantes da Federación de Comercio de Lugo e de directivos do CCA de Burela.
A campaña “Ruleta da Sorte” da Federación de Comercio de Lugo chega a Burela
A campaña “Ruleta da Sorte” da Federación de Comercio de Lugo chega a Burela
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo