A Mariña, a 12 de xullo de 2019. Desde a Plataforma Sanitaria denuncian e rexeitan o peche de camas no Hospital da Mariña e a redución da actividade nos quirófanos durante o verán. Afirman que se procedeu por orde da Xerencia ao peche de 9 camas na unidade de hospitalización de Cirurxía e outras 9 na de Traumatoloxía “ao que temos que sumar as 12 camas pechadas por obras, é dicir 30 camas en total”.
Tamén denuncia publicamente a redución da actividade cirúrxica. “Soamente haberá dous quirófanos programados e un quirófano urxente ao día”, afirman.
Estas medidas provocan un incremento das listas de espera fomentando a derivación de doentes á sanidade privada para cumprir a Lei de Garantías. A lei di que teñen que ser atendidos en 60 días para intervencións cirúrxicas e en 45 para consultas u probas diagnósticas . “A imposibilidade de cumprir eses tempos na sanidade pública favorecerá a súa derivación á privada, que é onde serán atendidas”- manifesta o portavoz do colectivo.
Outra das consecuencias será o aumento do traslado e ingreso de pacientes do Hospital de Burela a Lugo, unha práctica que levan facendo durante os últimos meses e que esta a provocar o malestar das persoas afectadas e familias que se ven obrigadas a desprazamentos innecesarios por mor dunha mala planificación da Xerencia nun Hospital que remata de ser ampliado.
Ademais, denuncian que por mor do peche de camas producirase un recorte de persoal nas devanditas unidades de hospitalización, suprimindo unha enfermeira e unha TCAE nas quendas de mañá, tarde e de noite (na que unha soa enfermeira e
unha soa TCAE serán as responsábeis de prestar os coidados a 15 pacientes, e asumir as posibles urxencias e complicacións a maiores do traballo programado
SEN TRABALLADORA SOCIAL NO HOSPITAL.
A Plataforma Sanitaria da Mariña ao mesmo tempo denuncia que o Hospital da Mariña quedou dende primeiros de xullo sen a única Traballadora Social durante dous meses, en concreto durante os meses de xullo e agosto ao non cubrir o SERGAS a súa ausencia, a pesares de existir persoas dispoñibles nas listas de contratación (autonómicas) para cubrir esta categoría profesional.
Os traballadores e traballadoras sociais desempeñan un papel esencial e imprescindible e cumpre poñer en valor o seu traballo”- explica a coordinadora da Plataforma, e esta decisión do SERGAS de non cubrir a súa ausencia amosa por unha parte o desleixo cara a atención sociosanitaria na Mariña e o nulo recoñecemento por parte da administración ao traballo que desenrolan nas equipas multidisciplinares tanto de Atención Primaria como de Atención Especializada”.
ABANDONO DOS CENTROS DE SAÚDE DA COMARCA.
A Plataforma Sanitaria xa ten denunciado en numerosas ocasións que sistematicamente, ano tras ano, as vacacións que por dereito lles corresponden ao persoal dos Centros de Saúdes non se cubrían. Esta circunstancia leva a un evidente deterioro na atención sanitaria aos pacientes debido a unha acumulación de traballo do persoal do centro ao ter que asumir a atención dos pacientes asignados aos outros profesionais. Se a isto lle sumamos que en época estival a poboación da Mariña duplícase ou triplícase podemos sacar a conclusión de que a situación agravase moitísimo máis producíndose un auténtico colapso na que afecta á calidade asistencial. “Non se pode prestar unha asistencia sanitaria de calidade cando os profesionais teñen que asumir o traballo propio e o de compañeiros que non son substituídos”- afirman.
Denuncian entre outras situacións a falta de tres médicos “en pleno Resurrection” no centro de saúde de Viveiro, a falta de pediatra en Foz, cuberta parcialmente, provocando demoras na atención e aprazamentos dos controis de saúde, a médica de tarde de Foz cuberta só unhas horas ou a ausencia o mércores 10 de xullo de 3 dos 7 médicos en Viveiro.
FEIJÓO, O DESTRUTOR DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA.
A Coordinadora da Plataforma, acusa o Presidente da Xunta de ser o “destrutor da sanidade pública da Mariña”, como responsable dunhas políticas, encamiñadas a engordar a sanidade privada, que xeran un desastre de tal magnitude que non só provoca críticas por parte dos pacientes senón tamén do “persoal sanitario, de organizacións profesionais e de sindicatos.
O que ten que facer o Presidente da Xunta é deixar de mentir e manipular, de recortar e de privatizar a sanidade pública, e facer un cambio de políticas que pasen por unha maior contratación de persoal, manter todas as camas operativas, e a posta en marcha dun plan en atención primaria, para acabar coa precariedade en sanidad – conclúe Montse Porteiro
























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



