Burela, 11 de xullo de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, amosa a súa satisfacción pola moratoria dun ano que a Liga Profesional de Fútbol Sala lle ven de conceder ao Concello para a realización das obras de remodelación do pavillón Vista Alegre. Os equipos de fútbol sala de primeira división poderán xogar durante a tempada 2019/2020 nestas instalacións. O rexedor lembra que as empresas interesadas en presentar o proxecto executivo para a realización destes traballos dispoñen de prazo ata o 22 deste mes.
Alfredo Llano dixo que “vai facer mañá unha semana que puxemos a disposición, e así o publicamos nos medios correspondentes, para que a xente que queira participar na elaboración do proxecto executivo do arranxo do pavillón Vista Alegre que puidera xa mandar as súas ofertas. Isto o facemos para dar de prazo ata o 22 deste mes para que presenten as súas propostas e despois xa iremos avanzando no proceso para que vaia culminando paso a paso ata que se acabe a obra que corresponde ás esixencias da Liga Profesional con respecto aos pavillóns, para que se poida xogar en primeira división sen ningún problema”.
O rexedor salientou que “nosoutros estamos facendo os deberes a base de insistencia e de buscar a maneira e os cartos para facernos cargo daqueles gastos que derivan de facer esta ampliación do Vista Alegre. Nosoutros lanzamos a oferta de realización do proxecto executivo da obra aproximadamente en 63.000 euros de saída, porque xa veremos como queda ao final, qué vai poñer o Concello para favorecer que isto se vaia levando a cabo”.
O alcalde explicou que “xa falei deste tema co presidente da Federación de Fútbol, de que o Concello está disposto a facer a obra correspondente para que se poida xogar en primeira división en Burela e que íamos acometer o que fora necesario para rematar a obra para o próximo curso. Hai que ter en conta que o pavillón Vista Alegre é unha aula de educación física do colexio Vista Alegre e tamén está sendo empregada polos institutos de Burela. Así que hai que ter en conta tamén o curso e procurar estorbar o menos posible á normalidade educativa do noso concello. Imos programar todo para que se poida facer perfectamente para que o ano que ven estea listo en setembro, tanto para aula de educación física como para que poidan xogar os equipos en primeira división, imos procurar que todo isto se leve para adiante”.
Llano sinalou que “falei co presidente da Federación e dixo que concederían un prazo para que isto se leve adiante. Polo tanto, agora xa temos a notificación oficial de que para a tempada que ven poden seguir perfectamente xogando aquí os equipos de primeira división, tanto do Burela FS masculino como feminino. Así que quero tranquilizar á xente de Burela. Nosoutros tamén estamos contentos con esta decisión porque foi algo acordado e algo cumprido. Nosoutros cumprimos mandando á Liga Profesional os planos e os anteproxectos de acordo coa nosa idea de cómo remodelar o pavillón Vista Alegre para que cumpra. Incluso imos amplialo para que teñamos máis oportunidades de uso. Penso que vai ser realmente importante esa remodelación”.
O rexedor insistiu en que “estamos contentos con esta decisión da Liga Profesional de conceder un permiso máis para este ano e imos ir dando os pasos para ter isto rematado no mes de setembro do ano 2020”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



