Burela, 24 de xullo, 2019. Renato Lopes Furtado, con contrato en vigor ata 2021, chegou a un acordo co Pescados Rubén Burela FS para amplialo por unha tempada máis, ata 2022. O presidente, Manuel Blanco, e a Xoia Laranxa selaron a negociación na sede burelista: “Renato medrou con nós, é un exemplo na base; viviu a experiencia da máxima categoría xa en idade xuvenil e formou parte do proxecto, loitando e traballando, polo merecido ascenso” explicaba o dirixente sobre o xogador de 21 anos formado na estrutura mariñá.
O 12 laranxa, nado en Cabo Verde, amosouse entusiasmado: “Estou moi contento pola confianza que me demostra e me leva demostrando o club; só podo prometer traballo para seguir medrando e seguir dando ledicias a esta casa”, confesaba Renato, que regresa á máxima categoría, despois de dúas tempadas, como un dos heroes do ascenso: “Con traballo de todos poderemos conseguir o obxectivo de manternos. Son un xogador con máis experiencia, máis asentado e con máis seguridade agora”.
Xa está en mente a volta ao parqué e sobre todo o inicio de liga, o 14 de setembro en Vista Alegre, ante Industrias Santa Coloma: “O bloque coñécese, coas súas virtudes e defectos; con traballo poderemos continuar mellorando. Agora toca volver traballar e dar o máximo; chegamos con moita enerxía despois das vacacións de verán e cunha nova etapa moi bonita, pero tamén moi dura, por diante”, recoñecía con ilusión o ala burelista, que arrincará oficialmente a pretempada baixo a batuta de Juanma Marrube o vindeiro xoves, 1 de agosto.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
