Burela, 1 de agosto, 2019. O técnico Julio Delgado volverá liderar a nave do Pescados Rubén Burela FS en 2019-20 en Primeira RFEF, co inicio de pretempada xa previsto para o vindeiro luns, 5 de agosto. “É un proxecto de continuidade. Vivimos unha tempada bastante boa, aínda que se nos escapou a liga por un par de goles, o resto foi moi boa, co gran premio da Copa da Raíña en Burela, e por iso encaramos este novo ano con máis ilusión aínda”, explicaba o salmantino, arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego.
As Guerreiras Laranxas xa están preparadas para a volta ao traballo, nunha pretempada xa con moitos retos por diante: “Era lóxico que o bloque se mantivera pola gran tempada realizada, ademais chegan Ale de Paz e Jenny Lores, que nos darán un plus máis, con experiencia en Primeira División” reflexionaba Julio Delgado, que volverá contar co Peque, Dany, Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Luci, Jozi, Lara Balseiro, Jenny e Cris, ademais da novísima Cristina Lourés, de Comarcal A Fervenza.
“Imos traballar duro porque xa temos a Supercopa á portas. Se rematou ben 2018-19, co título de I Copa de SM A Raíña, tamén queremos comezar ben 2019-20; temos dous títulos en xogo no prazo de oito días e queremos ir a por todo” explicaba así o adestrador facendo referencia ao 4 Nations Futsal de Milán (31 de agosto e 1 de setembro), xunto á Supercopa (6 de setembro). “Aínda temos que compactar o equipo pero xa estamos pensando nesas dúas citas. Creo que temos que seguir o mesmo camiño, o equipo fixo un gran traballo este ano, día a día as xogadoras traballaron na busca de recompensas. Agora o reto é maior; despois de Copa da Raíña e de Copa Galicia, esta tempada queremos máis; a ambición é maior” confesaba Julio.
“Levo catro anos no equipo e creo que a tempada pasada foi un punto de inflexión, conseguimos dar varios a pasos a adiante despois dun par de tempadas de seca, entre eles o convenio colectivo; Pescados Rubén apostou moi forte por nós e iso queremos devolvelo” así se amosaba o técnico mariñán ante 2019-20.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
