Este xoves produciuse un novo desprendemento nunha das covas da praia de Augas Santas. Por fortuna non se lamentaronn feridos malia que sucedía en marea baixa co areal ateigado de xente.
Novo desprendemento nas Catedrais
Será ás 20h. Intervirán: Elvira Cienfuegos de ADEGA, Isabel Villalba do SLG e Evaristo Lombardero da Plataforma Ulloa Viva.
O prazo de presentación de candidaturas finalizará o día 10 de xuño ás 17:00 horas. Ese día celebrarase asemblea xeral de socios do club -ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda- en cuxa orde do día estará a elección de presidente/a de o Ribadeo FC. Os interesados en presentar candidaturas deben dirixirse aos directivos Pedro Pousada (622.50.30.98) ou Víctor López (660.94.79.65).
Será ás 18:30 horas, no local social da asociación de Xubilados Terramar. Está dirixido á poboación en xeral, e nesta ocasición a temática xirará en torno á xestión emocional, ao envellecemento activo e á importancia da contorna. Estas sesións están dirixidas por María José Novoa (Traballadora Social e Coach) e Sonia Nogueiras (Psicóloga).
Deu comezo o sábado co pregón pronunciado por Roberto Rodríguez, e seguiu este domingo co bandeo do pendón e o cuarto xantar de irmandade, entre outras actividades. Ata a Ponte de Arante se achegaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, os alcaldes de Ribadeo e de Trabada, Dani Vega e Rubén García, concelleir@s ribadenses, deputados provinciais e autonómico, e senador por Lugo, así como ducias de veciñas e veciños das 7 parroquias de Ribadeo e Trabada, que lembran deste xeito unha data histórica.
Unha exposición colectiva na que participan: Fotonavia é unha asociación creada en Navia (Asturias), Os Potiños de O Carballiño, Grupo Asemeya de Xixón, Asociación Os Negativos de Viveiro e Vicente Ansola, como convidado especial. O prestixioso fotógrafo cántabro posúe varios premios de carácter internacional. Un conxunto de 70 fotos forman esta mostra de temática e técnica e moi variada que non deixará indiferente a ninguén e que se poderá visitar os sábados e domingos de 16:00 a 20:00 horas, ata o 16 de xuño.
Está situado no Parque Rosalía de Castro e o kiosko da Praza da Mariña, decorado por voluntarias e voluntarios do Club de Lectura da vila.
Durante case dúas horas despedíronse do que foi o seu centro durante tantos anos e recordaron ao seu profesorado así como as anécdotas máis divertidas. Houbo tempo para a música, o cante e ata un xogo de kahoot con preguntas para os titores. Remataron o acto cunha cea de confraternización. Non faltou ao día seguinte a benvida ao alumnado ás nove da mañá.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital