Lugo, 23 de agosto, 2019. A voceira do Grupo Provincial Popular lamenta que “o presidente da Deputación –que tamén é o responsable de Vías e Obras- non buscase solucións para axilizar os traballos de roza nas estradas provinciais coa mesma rapidez que pediu instalar un cronómetro para as sesións plenarias” e recórdalle que “o tempo tamén está pasando e as estradas que son titularidade da Deputación seguen, a finais de agosto, cheas de maleza co perigo que iso supón para os seus usuarios”.
“Xa non hai palabras para cualificar o estado no que se atopan as estradas de titularidade provincial. É inconcibible que a punto de rematar o verán os labores de desbroce estean sen acometer”, manifesta a popular. Trátase dunha situación “insostible” debido, “unha vez máis, á falta de previsión por parte dos socialistas que desatenden un traballo que cada ano demoran máis”.
“Non se entende que unhas importantes tarefas que afectan á seguridade na rede viaria que empregamos a diario a maioría dos lucenses aínda non se puxeran en marcha”, explica Candia que engade que “nestes meses o risco de incendios é maior debido ás altas temperaturas e as marxes das vías provinciais cheas de maleza non axudar a previr a propagación de posibles lumes”. No mesmo sentido, “nin que dicir ten a imaxe de abandono da provincia que proxectamos os lucenses aos nosos visitantes”.
Precisamente é nesta época cando o conxunto da provincia recibe un maior número de visitantes e, polo tanto, a cifra de desprazamentos por estradas aumenta; pero, aínda así, “dende o Executivo provincial non axilizaron a adxudicación dos traballos de roza que a día de hoxe seguen sen realizarse cando dende o Grupo Provincial Popular xa solicitabamos a comezos do verán o inicio destes traballos coa máxima urxencia”.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



