Todos inimigos do 1.978, do réxime e do seu continuísmo, todos a defenestrar o feito por moitos e moitas, todos e todas a romper co mito de 1.978 como primeiro paso da estratexia política de “tomar el cielo por asalto” unha forma de canalizar o movemento do 15M cara unha causa fácil de defender e de vender. Unha acción política que tiña a súa lexitimación en que o café para todos á larga foi un freo no camiño político do estado das Españas, si das Españas, que son varias. Un mensaxe de ruptura de formar un novo ciclo e de falar de cousas mal feitas e feridas mal pechadas. Todo moi certo, a transición é hoxe unha lousa na correlación de forzas e na relación de pobos, a Constitución é unha ferramenta desfasada e seca, que cómpre modificar e que os partidos usan como dogma e arma de confrontación, mais tendo unha base sólida e un mensaxe fácil o rupturismo fracasou e vai camiño de ser residual, por que?
Poden ser moitas as causas pero coido que non analizaron ou si o fixeron fracasaron, que no fondo a constitución española non deixa de ser unha ferramenta de cohesión e de relación dos propios partidos protexendo a acción política partidaria e a falsa tradición dos consensos. Precisamente o que tiñan que romper era a forma de facer política partidaria e iso foi o seu fracaso, foron un partido máis, penso que porque querían asaltar o ceo e ter o Ministerio de Interior, o menos rupturista por certo. Entón para máis do mesmo… vale máis malo coñecido… Outro erro foi considerar que con discursos de dogmas e posicións políticas infantís ían conquerir un movemento social, como podes pensar e facer movemento social que te siga cando a todas horas actúas con unha suposta superioridade moral case lindando co bullying á propia sociedade? Xa se facía política antes da “nova política” e facíase boa ou mala que é a única catalogación que se entende.
Foi máis simple aínda o rupturismo galego, rachar con todo, participar a xente, orzamentos participativos, asembleas … rachar co Estatuto. Máis convulso e incoherente sendo unha restra de partidos coas súas estruturas, clásico en Galicia este fenómeno. Ademais dunha ensalada de egos supinos. Fracasaron sendo a segunda forza política.
Non é o camiño, os políticos pedimos a confianza da xente, unha confianza por un período para xestionar en base a un proxecto de Pais e de sociedade, non ten sentido elixir representantes públicos para que despois non sexan quen de xestionar porque non poden poñer o seus moitos egos e partidos en común, para despois ter que volver a consultar á xente, iso non funciona porque non é real non é operativo e o tempo pasa, sen que o día a día e os problemas das persoas sexan o centro da política, no rupturismo o centro da política son eles mesmos e de tanto xogar á “nova política” conseguiron rachar algo, o seu propio espazo.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



