Burela, 31 de agosto, 2019. Os pupilos de Juanma Marrube deron un novo paso na súa aventura de XXIX Copa Galicia na segunda cita irmandiña da semana. Se na primeira eliminatoria, o xoves, se impoñían ao Begonte FS (2-11), de Preferente, esta tarde fixeron o propio ante o Ribeira FS, de Segunda B, gañando o billete para cuartos con festa goleadora, tras vencer 4-10. O triunfador entre o Vilalba Peugeot e Xove FS, en xogo esta tarde, será o rival do Pescados Rubén Burela FS na seguinte rolda, con data de referencia o 7 de setembro.
Amoedo, Renato por partida dobre e Everton foron os encargados de distanciarse no electrónico xa na primeira parte nun bo partido de Copa e de pretempada para os mariñáns ante un rival que tamén apostou por xogar. Ao regreso, o Pescados Rubén dobrou a vantaxe ata o 0-8 con Amoedo, Pope e dobrete de Iago Míguez. Aínda quedaban oito minutos por diante e os locais conseguiron reducir axiña, nun minuto, a través dunha falta e aproveitando un perda. Álex Diz respondeu tamén por partida dobre para recuperar as distancias ata o 2-10. Ribeira, que apostou por xogo de cinco os últimos catro minutos, conseguiu volver ver rede, grazas a un dobre penalti e a un rexeite en superioridade, co 4-10 final.
Ficha técnica
Ribeira FS: Areñas, Simón, Quintela, Cristian, Noel, cinco inicial; tamén xogaron Paco, Regueiro, Lobeiras, Samu, Álex, Bruno, Carlos
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Everton, Álex Diz, Amoedo, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, R. Vargas, Matamoros, Juanfran, Renato, Pope, M. Kaluza
Goles: 0-1, minuto 3, Amoedo; 0-2, minuto 6, Renato; 0-3, minuto 13, Renato; 0-4, minuto 19, Everton; 0-5, minuto 25, Amoedo; 0-6, minuto 23, Pope; 0-7, minuto 26, Iago Míguez, 0-8, minuto 32, Iago Míguez; 1-8, minuto 33, Álex; 2-8, minuto 33, Carlos 2-9, minuto 37, Álex Diz; 2-10, minuto 37, Álex Diz; 3-10, minuto 38, Carlos; 4-10, minuto 38, Regueiro
Incidencias: Partido de oitavos de XIX Copa Galicia disputado no municipal de Lugo.

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
