Lugo, 3 de setembro, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular, ante o anuncio de dimisión do presidente SUPLUSA e do resto de membros da entidade, manifesta que “fomos o único Partido que sempre buscamos unha alianza coa provincia pero, sobre todo, cos lucenses, con independencia de quen a dirixise”. Mostra disto, engaden, “é todo o que leva traballado a Sociedade”.
Neste senso, dende o PP piden “responsabilidades polo dano á imaxe da Sociedade e da Deputación que fixeron outros e se segue facendo, pois só buscan o enfrontamento e o descrédito como única maneira de lograr os seus obxectivos”. E é que o presidente actual do organismo provincial aínda non fixou unha reunión de traballo para coñecer como vai ser a integración de SUPLUSA na Deputación, demostrando con elo que “non lle dedicou ningún tempo, máis alá daquel titular que todos coñecemos e no que sementaba moitas dúbidas sobre o futuro das residencias”. Por este motivo, os populares dubidan incluso que o socialista “poida cumprir a palabra dada no Pleno”, e na que aseguraba se porían en funcionamento os 18 centros proxectados.
Dado o suceder dos feitos, os deputados da formación popular pídenlle ao titular provincial que se respecten as condicións dos traballadores e das persoas que foron seleccionadas para traballar nas residencias.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



