Viveiro, 3 de setembro, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro pide a través dun rogo ao Goberno socialista que adopte melloras no mantemento e limpeza dos colectores do lixo para evitar “tanto problemas de hixiene e de salubridade como que se xere unha imaxe negativa da cidade”.
Os populares explican que se está ante unha situación, que empeora na época estival, e que “xera preocupación e malestar” tanto entre os veciños e veciñas como entre os visitantes, hostaleiros e comerciantes.
Precisan que o aumento de visitantes e do consumo no verán “require dun reforzo na limpeza para evitar contedores desbordades de sucidade” e mesmo nas zonas onde se concentran varios colectores “os cheiros aumentan considerablemente nestes meses”.
Dende o Grupo Municipal do PP denuncian que a “mala limpeza” repercute negativamente na imaxe do pobo e na calidade de vida dos veciños e veciñas. “O turismo é para moitos dos comercios e hostaleiros un modo indispensable de vida, que debemos conservar e aumentar”, consideran.
Ademais, os populares tamén lamentan que os sistemas de suxeición dos colectores en ocasións están deteriorados ou non existen o que “pode provocar o seu desprazamento e posible golpes a vehículos ou peóns”.
Din que se está ante un problema que afecta a toda a cidade pero, segundo precisan dende o PP, “as zonas onde temos o maior número de reclamacións son dos veciños, hostaleiros, visitantes e comercio en xeral da Avenida Cantarrana, das rúas Cantarrana, Parrela (diante do parque infantil), Castelao, Otero Pedrayo e nas Granxas”.
Rogo
Ante esta situación, os populares esixen unha maior atención por parte do Goberno local a través dun rogo no que piden a limpeza, baldeado e desinfección “inmediata” dos colectores localizados na zonas máis afectadas así como mellora o sistema de suxeición onde sexa preciso.
Tamén solicitan unha revisión co correspondente informe por parte de persoal cualificado do estado de limpeza e desinfección de todos os colectores instalados no Concello, así como da carencia de elementos de suxeición para evitar posible incidentes.
Mantemento do cemiterio municipal
Os edís do PP de Viveiro trasladan ao Goberno local as queixas dos veciños e veciñas ante “a falta de atención no cemiterio municipal” que “leva moito tempo sen persoal” e piden que “se cubra a praza ou que, cando menos, se designe a alguén para realizar as funcións de limpeza e mantemento do cemiterio que viña desenvolvendo o sepultureiro municipal”.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



