Lugo, 3 de setembro de 2019. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé tivo tamén este martes unha xuntanza co alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, para atender as necesidades e demandas do concello mariñán. O encontro forma parte da rolda de reunións que o Presidente da institución provincial está a manter con representantes municipais e de colectivos da provincia.
Por outra banda, Tomé Roca, reuniuse tamén co responsable de ACRUGA, César Dorado, un encontro no que Tomé coñeceu as necesidades e inquedanzas do sector e renovou o compromiso de colaboración da institución provincial coa asociación. A Deputación destinou en maio 1,4 millóns de euros para os vindeiros catro anos aos produtores lucenses de Rubia Galega. A iniciativa, na que ACRUGA fai de intermediaria, inclúe axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico. Son ata 500 euros por animal nacido.
Ademais, a Deputación de Lugo achega unha colaboración directa coa asociación de criadores, que se leva facendo dende o 2007, para a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro para a súa posterior venda, principalmente en poxas. A iniciativa xa favoreceu a recría de 1.650 animais e supón un aforro superior aos 2 millóns de euros para os produtores, ao asumir a Deputación os custos da recría, así como beneficios doutros 2,4 millóns pola venda de exemplares a un prezo medio de 2.000 euros.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



