Santiago de Compostela, 11 de setembro de 19. A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Patricia Otero, criticou hoxe o “cinismo político do PP” con relación á planta de Alcoa en San Cibrao, xa que “esixen solucións urxentes cando nada fixeron cando estiveron no goberno central”. Otero presentou unha emenda a unha proposta sobre a planta para reclamarlle á Xunta unha mesa de diálogo para acadar o reinicio da actividade e garantías para o emprego na planta, que o BNG impediu incluír nesta iniciativa que foi aprobada co voto a favor dos socialistas.
Otero advertiu que o PP estalle a “esixirlle ao goberno central en funcións que incumpra a Lei” aprobando o estatuto do consumidor electrointensivo, que “non é posible” por ir en contra da lexislación e da xurisprudencia. Esixiulle a este partido e ao goberno galego “seriedade e que non enganen aos traballadores” coa única intención de “poñer paus nas rodas e utilizar esta situación só para buscar confrontación co goberno central”.
Sinalou que “coincidimos en que é prioritario aprobar o Estatuto”, e que a pesares da dificultade legal deste trámite, “o goberno de Pedro Sánchez foi quen de atopar unha solución para as plantas de A Coruña e Avilés, que de non ser así hoxe estarían pechadas”. Lembrou que foi o goberno de Sánchez o que aprobou o decreto urxente para aprobar o impulso da competitividade industrial, e incrementou as axudas para compensación dos custes indirectos de CO2.
Mentres, dixo, “a inactividade da Xunta de Galicia impediu desenrolar en Galicia unha política industrial que permitise paliar o declive industrial”, ata que Galicia sexa a autonomía co “peor comportamento na produción industrial no que levamos de ano”. Reclamou por iso “unha maior implicación da Xunta de Galicia no impulso da política industrial”.
Os socialistas presentaron unha emenda para reclamarlle á Xunta que configure unha mesa de negociación con Alcoa e o Comité de Empresa de San Cibrao para esixirlle a activación das cubas suspendidas e garantir o emprego e a actividade industrial mentres dure a situación actual. Ademais, reclamou o impulso dunha Mesa da industria Galega para conformar un pacto polo futuro da industria galega que será desenvolvido pola Xunta.
Ademais, reclamoulle ao goberno central a elaboración e aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo en canto sexa posible, a planificación dunha regulación estable que permita prezos competitivos, e que incorpore o papel produtor de Galicia de cara ao “resarcimento polos custes ambientais e sociais de apoiar á xeneración”.


















No acto participará tamén David Cortizo, en representación de Editorial Galaxia. A actividade está organizada pola libraría África Copias.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
A iniciativa, impulsada por Pilar García Porto para celebrar o Día da Transrománica, desenvolveuse en cinco xornadas con 16 rutas guiadas e gratuítas que puxeron en valor o patrimonio románico da provincia. A alta demanda en concellos como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro ou Pantón confirma o interese polo turismo cultural e avala o modelo da Deputación, baseado na valorización do patrimonio como motor económico e social. As rutas permitiron descubrir o románico das Terras da Ulloa, da Ribeira Sacra e da capital lucense, consolidándose como unha proposta estable dentro da estratexia turística provincial.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



