Viveiro, 22 de setembro, 2019. O Partido Popular quixo poñer en valor que a Xunta cumpre o seu compromiso con Viveiro coa achega de 4 millóns de euros para a ampliación e mellora da estación depuradora. Os populares agradecen á conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, que dera prioridade a esta actuación axilizando todos os pasos ao máximo, ata punto de licitar a obra tan só oito días despois de que o Consello da Xunta autorizase este gasto, un paso que tamén tivo lugar un só día despois de recibir a documentación municipal que estaba pendente.
“Desde a Xunta deron a súa palabra á veciñanza de Viveiro e os feitos amosan que están cumprindo co prometido, e ademais dando cada paso coa máxima axilidade posible para que as obras poidan estar en marcha canto antes”
Os populares destacan tamén a disposición da Xunta para completar a obra da depuradora coa de substitución do novo emisario e nese senso esperan que os esforzos que está a facer a administración autonómica para colaborar coa mellora do saneamento, unha competencia municipal, teña o seu reflexo cun idéntico compromiso de axilidade por parte do Concello e do departamento Estatal de Costas que deben informar o proxecto do emisario.
Por outra banda os populares lamentan que desde o BNG pretenderan, co gallo da visita da eurodeputada Ana Miranda, restar valor e sementar dúbidas respecto dos compromisos da Xunta co saneamento da ría de Viveiro e neste senso aproveitan para desmentir varios argumentos defendidos polos nacionalistas contra os pasos dados pola Xunta.
Os populares confirman que o Goberno galego abriu o pasado venres o prazo de contratación das obras para a ampliación e mellora da estación depuradora, para as que xa se poden presentar ofertas (ata o 24 de outubro), tras a publicación da licitación no portal de Contratos de Galicia.
Os populares aclaran que a recente reforma da normativa xa non obriga a publicar esta licitación no DOG pero si nesta plataforma de contratación, que ten plenos efectos xurídicos. O enlace á licitación está accesible na web da Xunta. Para o PP resulta curioso que una eurodeputada descoñeza deste xeito o procedemento administrativo ou, se non o fai, intente enganar aos veciños sementando falsas dúbidas ao respecto.
Os populares tamén aclaran que a visita da conselleira Ethel Vázquez na que avanzou en rolda de prensa a licitación do contrato da EDAR, veu precedida dunha reunión coa plataforma veciñal, na que por expreso desexo deste colectivo, non estaban convocados partidos políticos, nin outras institucións. “Era unha reunión para veciños e non para políticos, polo tanto non hai razón para entender que exista falta de respecto institucional, ao contrario, a conselleira rende contas ante a veciñanza coa que se comprometeron a dar este paso”



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



