Muras, 22 de setembro.- Muras celebrou esta fin de semana a 32 edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, que reuniu uns 450 animais. A maior actividade xirou arredor da compra e venda de gando cabalar e vacún nos vintecinto curros instalados no Alto da Gañidoiro. Pero non foi o único foco de atención xa que ao longo do domingo se celebraron tamén concursos morfolóxicos de cabalos de pura raza árabe e pura raza inglesa e carreiras de cabalos, populares e federadas. O concello repartiu un total de 7.000 euros en premios.
A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Belén Chao, destacou a capacidade de convocatoria da feira, con presenza de gandeirías de toda a comarca e doutros puntos do país tanto nos curros como nos certames morfolóxicos. Con todo, lamentou que “os danos por fauna salvaxe se están deixando notar nas últimas edicións da feira”.
O goberno do nacionalista Manuel Requeijo ten reclamado á Xunta de Galicia unha saída ante a situación de desamparo das gandeirías, que sofren cuantiosas perdas polos ataques dos lobos.
Á demanda sumouse a ampla representación do BNG que acudiu este domingo á feira. A parlamentaria Olalla Rodil, o deputado de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica, Efrén Castro e a responsable comarcal da Mariña, Ana Ermida, ademais doutros edís mariñaos, compartiron a xornada coas gandeiras e gandeiros.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



