
?
Alfoz, 25 de setembro de 2019. Desde Vía Alfoz considérase que o CEIP Plurilingüe Castro de Ouro é un instrumento vital para garantir o futuro do concello de Alfoz. Segundo indican desde o o Grupo Municipal “investir neste centro non se debe considerar un gasto senón un investimento de futuro. E que mellor destino pode ter o diñeiro público que o de ser destinado a garantir o futuro do noso centro, velando pola economía das nosas familias e por garantir a igualdade de oportunidades con respecto a aquelas que deciden levar aos seus fillos a outros centros”.
O envellecemento da poboación e o desprazamento de persoas cara aos núcleos urbanos, normalmente por falta de traballo ou vivenda, son dous dos principais motivos da baixa taxa de natalidade e do despoboamento do noso concello. Se a isto lle sumamos que familias residentes en Alfoz levan os seus fillos ao colexio público de Ferreira do Valadouro, ponse en perigo o futuro do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro.
Vía Alfoz recorda que “son moitos os Concellos, tanto de Galicia como do resto de España, que dispuxeron diferentes sistemas para facer efectiva a gratuidade dos libros de texto. Sen ir mais lonxe, o propio Concello de Alfoz levou a cabo no curso escolar 2017-2018 unha iniciativa, similar á que levan actualmente no Concello veciño do Valadouro, na que se garantía a gratuidade dos libros de texto e outros materiais utilizados polo alumnado de infantil e primaria”. Esta iniciativa non se repetiu nos seguintes cursos escolares, seguindo indican desde Via “sempre se indicou que esta medida non se podía tomar por supostos problemas reglamentarios, pero sen embargo este ano mercáronse desde o concello os libros de infantil. Non entendemos qué diferencia hai entre estes libros e os de primaria”, feito que esperen que se aclare no próximo pleno onde solicitarán que o Concello de Alfoz “examine e adopte, dentro das súas competencias, todas aquelas medidas regulamentarias, que, en coordinación coa ANPA e a Dirección do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro, garanta a gratuidade dos libros de texto e materiais curriculares”.
Destacan desde Via a falta de información existente no actual equipo de goberno indicando que “supoñemos que se trata de falta de información e non de oportunismo político que continuamente se vendan medidas que xa estaban postas en marcha”, como o programa de madrugadores, “xa existente desde fai anos”, ou outras que foron iniciativas do anterior goberno, “como o programa de igualdade”, iniciativa da concellería de Igualdade e Benestar da independente Carmen Geada. “Este programa provén dunha iniciativa de Via despois de que o noso compañeiro Xabier Pardiñas participara nunha xuntanza na Delegación Territorial da Xunta en Lugo”. Nesta xuntanza, celebrada o pasado 12 de febrero, tratáronse as axudas ás entidades locais para a promoción da igualdade no ano 2019 convocadas pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, “polo que se decidiu facer o correspondente proxecto e presentar a solicitude a principios do pasado mes de marzo” indican, mentres agradecen que o goberno actual continúe cos proxectos iniciados por Via.
MANTEMENTO E MELLORA DAS VÍAS DE TITULARIDADE PROVINCIAL
No pleno do próximo venres, Via presentará tamén unha moción referida á falta de mantemento dos aproximadamente 60 km de estradas de titularidade provincial que percorren o concello, incidindo concretamente na tardanza dos desbroces durante o verán, provocando un perigo, non só para o tráfico, senón tamén para a propagación de incendios, ademais dunha mala imaxe para todos os visitantes que recibe Alfoz durante a época estival.
Por outra banda, e en vista de que non se tomou ningunha medida despois da moción presentada por Via Alfoz e aprobada por unanimidade no pleno de 24 de novembro de 2017, “queremos volver a recordar que as modificacións no trazado e anchura dalgunha destas vías nuns casos e a falta de mantemento noutros, fixo que algunha das pontes existentes sexan un punto perigoso tanto para o tráfico rodado como para os peóns”, indican desde Via, facendo alusións concretas ás Pontes de Bao e Centoi (Lagoa), á Ponte de Santa Mariña (Mor) e á Ponte de Pías (Adelán).





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



